Programa do bono das persoas autónomas - 2024


  • 22/01/2024
  • 30/09/2024

TR341Q - Programa do bono das persoas autónomas - 2024

Data de publicación: 22/01/2024

Data de inicio solicitude: 29/01/2024

Data de remate solicitude: 30/09/2024


Infografía explicativa

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para impulsar a mellora da competitividade mediante investimentos relacionados directamente co seu negocio.

Características da axuda

Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta axuda, unha subvención do 60% da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

Esta axuda terá unha liña de actuación, de mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:

• Compra de maquinaria.

• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

• Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

• Compra de enxoval e ferramentas.

• Reforma do local ou espazo do negocio.

• Equipamento informático.

• Equipamento de oficina e/ou negocio.

• Rótulos.

• Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.

• Deseño de marca.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

1. As persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2022, inferior a 50.000 euros.

c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2022.

2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersonais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional, e que a dita sociedade non fora beneficiaria nin percibira esta axuda nalgunha das cinco últimas cinco convocatorias (2019-2023 ambas incluídas). No suposto de persoas autónomas administradoras, terán a consideración de autónomo societario se forman parte da sociedade nunha porcentaxe superior ao 25 % da súas participacións ou do 33 % do seu capital, o que deberán acreditar fidedignamente mediante escritura notarial.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2022.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2022 inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184).

Modelo do cartel para dar publicidade da axuda do Bono das persoas autónomas recibida

Modelo segundo se establece no artigo 19.g da orde que regula a convocatoria

Válido desde: 
Lunes, 22 Enero, 2024
Válido hasta: 
Lunes, 30 Septiembre, 2024