Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas - 2024


  • 15/07/2024
  • 16/09/2024
Accede desde aquí

IN417Y - Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas - 2024

Data de publicación: 15/07/2024

Data inicio de solicitude: 16/07/2024

Data remate de solicitude: 16/09/2024

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para realizar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos.

Características da axuda

Serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual iguais ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:

Denominación da liña Proxectos subvencionables
PAPEME. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible.
PAGE. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible.
PAE. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI.
PAP. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible.

Os investimentos só poderán ser subvencionados sobre a base dunha auditoría enerxética (no caso de actuacións de mellora de edificios, substituirase a auditoría enerxética polo certificado de eficiencia enerxética), cuxos resultados se plasmarán na memoria técnica da solicitude. Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionados.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 15.000 euros por actuación; o IVE non está incluído. No caso de empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura, o investimento para que a actuación sexa subvencionable ten que ser superior aos 200.000,00 euros, IVE non incluído.

Considéranse custos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, a dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións, o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión e as auditorías, nos termos indicados.

A intensidade da axuda en función do regulamento de aplicación será a indicada nas seguintes subepígrafes e, de ser o caso, limitarase a axuda que se vaia conceder cando sexan de aplicación os limiares establecidos nos restantes puntos.

a) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 de minimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura):

1º. A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

b) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías) destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios.

A contía da subvención será do 20 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e, un 10 % no caso de medianas empresas.

c) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías) destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios.

A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas, e un 10 % no caso de medianas empresas.

Para axudas de más de 100.000 €, limítase a axuda conforme o aforro enerxético xustificado, segundo a seguinte táboa. Para estes efectos, da aplicación deste límite no caso de proxectos da liña PAP, utilizarase a epígrafe específica para esta tipoloxía de proxectos:

Tipoloxía persoa beneficia Axuda máxima en función do aforro enerxético
Pequena empresa Se AEF < 80 MWh/ano: AM = 100.000 Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF × 1.250
Mediana empresa Se AEF < 100 MWh/ano: AM = 100.000 Se AEF ≥ 100 MWh/ano: AM = AEF × 1.000
Grande empresa Se AEF < 150 MWh/ano: AM = 100.000 Se AEF ≥ 150 MWh/ano: AM = AEF × 675
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas (PAP) Se AEF < 80 MWh/ano: AM = 100.000 Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF × 1.250

Onde:

AEF = aforro enerxético anual de enerxía final en MWh/ano.

AM = axuda máxima por expediente en función da tipoloxía de beneficiario e o aforro enerxético en euros.

Establécese unha axuda máxima por expediente de 300.000 euros no caso de acollerse ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 de minimis e de 1.000.000 euros no caso de acollerse ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías).

A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 2.000.000,00 euros.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias:

a) As empresas legalmente constituídas e persoas autónomas, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Para os efectos destas bases, terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación.

Para poderen ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha empresa das incluídas no ámbito de actuación e deberán contar, en todo caso, co visto e prace do titular da instalación, por se a concesión da axuda dea lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Lunes, 15 Julio, 2024
Válido hasta: 
Lunes, 16 Septiembre, 2024