Subvencións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos - 2024


  • 23/07/2024
  • 16/09/2024

AP400F - Subvencións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos - 2024

Data de publicación: 23/07/2024

Data inicio de solicitude: 24/07/2024

Data remate de solicitude: 16/09/2024

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (programa Unico-Industria e empresas).

O ámbito material de actuación son os polígonos industriais e centros loxísticos, así como outras áreas de alta concentración empresarial como parques empresariais, viveiros de empresas e parques tecnolóxicos ou científicos, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Os proxectos destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para instalar unha rede de comunicacións electrónicas de alta velocidade, capaz de prestar servizos a velocidades de 1 Gbps, en cada unha das fábricas, centros e dependencias que formen parte do ámbito de actuación material.

As subvencións destinaranse a financiar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos proxectos subvencionados e que se materialicen no período fixado.

Se consideran investimentos e gastos potencialmente subvencionables na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos, os seguintes conceptos asociados ao proxecto:

a) Infraestruturas e obra civil.

b) Equipamento e outros materiais.

c) Gastos de persoal propio, ata un máximo do 7% da cantidade subvencionable.

d) Outros custos xerais ou indirectos imputables ao proxecto. Cando na realización do proxecto se xeren custos indirectos, estes calcularanse a un tipo fixo de ata o 15 % dos custos directos de persoal propio subvencionable.

A intensidade máxima destas subvencións será do oitenta por cento (80%) do custo elixible do proxecto.

O importe máximo de subvención por proxecto estará limitado a 60.000,00 € por solicitude, pola intensidade máxima de subvención.

A execución dos gastos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2024.

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de persoa beneficiaria as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividade económica, titulares ou arrendatarios de bens inmobles situados no ámbito material de actuación.

Estas axudas están unicamente destinadas a microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo se definen na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Martes, 23 Julio, 2024
Válido hasta: 
Lunes, 16 Septiembre, 2024