Subvencións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos - 2024
- 23/07/2024
- 16/09/2024
-
Etapa
AP400F - Subvencións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos - 2024
Data de publicación: 23/07/2024
Data inicio de solicitude: 24/07/2024
Data remate de solicitude: 16/09/2024
Obxecto
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (programa Unico-Industria e empresas).
O ámbito material de actuación son os polígonos industriais e centros loxísticos, así como outras áreas de alta concentración empresarial como parques empresariais, viveiros de empresas e parques tecnolóxicos ou científicos, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Características da axuda
Os proxectos destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para instalar unha rede de comunicacións electrónicas de alta velocidade, capaz de prestar servizos a velocidades de 1 Gbps, en cada unha das fábricas, centros e dependencias que formen parte do ámbito de actuación material.
As subvencións destinaranse a financiar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos proxectos subvencionados e que se materialicen no período fixado.
Se consideran investimentos e gastos potencialmente subvencionables na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos, os seguintes conceptos asociados ao proxecto:
a) Infraestruturas e obra civil.
b) Equipamento e outros materiais.
c) Gastos de persoal propio, ata un máximo do 7% da cantidade subvencionable.
d) Outros custos xerais ou indirectos imputables ao proxecto. Cando na realización do proxecto se xeren custos indirectos, estes calcularanse a un tipo fixo de ata o 15 % dos custos directos de persoal propio subvencionable.
A intensidade máxima destas subvencións será do oitenta por cento (80%) do custo elixible do proxecto.
O importe máximo de subvención por proxecto estará limitado a 60.000,00 € por solicitude, pola intensidade máxima de subvención.
A execución dos gastos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2024.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de persoa beneficiaria as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividade económica, titulares ou arrendatarios de bens inmobles situados no ámbito material de actuación.
Estas axudas están unicamente destinadas a microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo se definen na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003.