Axudas para atracción de empresas a Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
- 13/01/2025
- 30/09/2025
-
Etapa
IG408H - Axudas para atracción de empresas a Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Data de publicación: 13/01/2025
Data inicio de solicitude: 20/01/2025
DAta remate de solicitude: 30/09/2025
Obxecto
A concesión de axudas para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:
I.1. Proxectos de investimento empresarial cun investimento subvencionable entre 800.000 € e 10.000.000 €.
I.2. Proxectos de investimento superior a 100.000 €, cunha creación de emprego de 25 ou máis postos de traballo de carácter indefinido a tempo completo.
Características da axuda
Serán subvencionables os investimentos proxectados ou o emprego a crear para o desenvolvemento de calquera actividade económica, excepto as excluidas no artigo 5 das bases.
Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, ou alternativamente, os custos salariais do emprego que se vai crear, que estean vinculados ao proxecto para o que se solicita a axuda, e que se materialicen nos conceptos e cos requisitos que se relacionan na epígrafe 1.B) do anexo I, cadro de especificacións.
Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos en que así se prevexa expresamente na epígrafe 1.B) do cadro de especificacións do anexo I, ou para a adquisición de activos dun establecemento coas condicións seguintes:
A adquisición de activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquirira será subvencionable sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
a) que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador;
b) que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención ou axuda pública, e
c) que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares, estes aspectos acreditaranse mediante certificación de taxador independente.
Cando se adquiran os activos dun establecemento nestas condicións non será preciso achegar as tres ofertas esixidas no punto 5 do artigo 7 destas bases.
Cando un membro da familia do/da propietario/a inicial ou un/unha empregado/a se faga cargo dunha pequena empresa para continuar coa actividade, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.
Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria, admitíndose, como excepción e de xeito expreso, a obra civil en terreos sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou as reformas de instalacións en inmobles alugados nos casos en que así se prevexa na epígrafe 1.B) do cadro de especificacións do anexo I.
No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena da persoa beneficiaria antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.
Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros.
Con carácter xeral, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do Decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3 respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas bases da presente convocatoria.
Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil.