Axudas a proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027


  • 13/01/2025
  • 30/09/2025
Accede desde aquí

IG408A - Axudas a proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Data de publicación: 13/01/2025

Data inicio de solicitude: 21/01/2025

Data remate de solicitude: 30/09/2025

Obxecto

Concesión de axudas a proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

Características da axuda

Investimentos subvencionables segundo a modalidade de proxecto:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais entre 50.000 € e 800.000 € nos seguintes conceptos.

1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios.

2. Bens de equipamento.

3. Outros investimentos en activos fixos

4. Aplicacións informáticas directamente vinculadadas co proceso produtivo, que cumpran os requisitos previstos na convocatoria.

5. Adquisición de activos dun establecemento.

Cando un membro da familia do/da propietario/a inicial ou un/unha empregado/a se faga cargo dunha pequena empresa para continuar coa actividade, non se aplicará que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

Os proxectos non poderán consistir exclusivamente en obra civil e conceptos inmobiliarios; deben incluír obrigatoriamente investimento nalgún outro concepto subvencionable de entre os descritos nos puntos 2, 3 e 4 deste mesmo artigo. Non se considerarán subvencionables os bens suntuarios ou que teñan un custo moi superior a outros similares que cumpran a mesma funcionalidade.

I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo entre 25.000 € e 800.000 € nos seguintes conceptos:

Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións e obras específicas para a maquinaria, utensilios (incluídos os moldes, modelos e cuños), equipamentos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

O número de bens de equipamento incluídos na solicitude de axuda non poderá ser superior a catro.

Non se considerarán como un único ben de equipamento as liñas de produción completas, agás que cada elemento da liña non teña funcionalidade propia de maneira independente, o que deberá acreditar a persoa solicitante presentando un informe técnico emitido por persoa experta independente. En calquera caso, non se considerarán subvencionables bens suntuarios ou que teñan un custo moi superior a outros similares que cumpran a mesma funcionalidade.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) que proxecten levar a cabo un investimento considerado subvencionable ao abeiro do regulado nesta convocatoria nalgún centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos das bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.

No caso das agrupacións, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir os deberes que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Lunes, 13 Enero, 2025
Válido hasta: 
Martes, 30 Septiembre, 2025