Programa Re-acciona 2025


  • 13/01/2025
  • 17/11/2025
Accede desde aquí

IG402A - Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Data de publicación: 13/01/2025

Data inicio de solicitude: 20/01/2025

Data remate de solicitude: 17/11/2025

Obxecto

A finalidade desta convocatoria a e de aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante Resolución do 12 de decembro de 2023 (DOG nº 241, do 21 de decembro de 2023).

Características da axuda

As axudas en especie estarán destinadas á execución de servizos en empresas galegas, agrupados nas seguintes tipoloxías:

1. Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:

– Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.

– Servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa.

– Servizos de análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance).

– Servizos de Captación, Fidelización e Xestión de Talento.

– Servizos para o desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG.

– Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento.

– Servizos de circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.

– Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial.

– Servizos de preparación de procesos certificables.

– Servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras.

2. Innovación:

– Servizos de deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.

– Servizos de protección da innovación.

– Servizos de asesoramento para o financiamento da innovación.

Estes servizos están detallados no anexo III da Resolución do 12 de decembro de 2023 (DOG nº 241, do 21 de decembro de 2023).

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial e poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Neste último caso de entidades sen personalidade xurídica deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Lunes, 13 Enero, 2025
Válido hasta: 
Lunes, 17 Noviembre, 2025