Bono autónomo das persoas traballadoras autónomas - 2025


  • 17/01/2025
  • 30/09/2025

TR341Q - Bono autónomo das persoas traballadoras autónomas - 2025

Data de publicación: 17/01/2025

Data inicio de solicitude: 24/01/2025

Data remate de solicitude: 30/09/2025


Infografía explicativa


Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas dirixidas ás persoas autónomas xa consolidadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para impulsar a mellora da competitividade dos seus negocios mediante investimentos relacionados directamente cos mesmos.

Características da axuda

Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias deste programa, unha subvención do 60 % de cada unha dos investimentos a subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros totais de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

Esta axuda diríxese á mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:

  • Compra de maquinaria.
  • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
  • Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
  • Compra de utillaxe e ferramentas.
  • Reforma do local ou espazo do negocio.
  • Equipamento informático.
  • Equipamento de oficina e/ou negocio.
  • Rótulos.
  • Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
  • Deseño de marca.

A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de outubro de 2024 e ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas emitidas no período subvencionable e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento. As ditas facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento deben corresponder ao período subvencionable, en concordancia co disposto.

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os servizos e os investimentos deben ser contratados con provedores que se adiquen a actividade obxecto da subvención.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

1. As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia de Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas, declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2023, inferior a 50.000 euros.

c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2023. 

2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersonais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2023.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2023, inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184).


Publicación DOG

Publicación corrección erros DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 17 Enero, 2025
Válido hasta: 
Martes, 30 Septiembre, 2025