Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais - 2025


  • 05/02/2025
  • 16/09/2025
Accede desde aquí

TR02G - Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais - 2025

Data de publicación: 5/02/2025

Data inicio de solicitude: 17/02/2025

Data remate de solicitude: 16/09/2025

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais, apoiando o emprendemento en economía social e establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.

Características da axuda

Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido e a xornada completa, a subvención ascenderá a 6.000,00 € con carácter xeral.

Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.

b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.

c) Un 25 % se a persoa incorporada ten unha discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral que cumpra as condicións definidas na Orde.

d) Un 25 % se a persoa incorporada ten máis de 45 anos.

e) Un 25 % se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.

f) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.

g) Un 25 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.

h) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

i) Un 25% se se trata de unha entidade de nova creación constituída inicialmente con catro ou máis persoas socias traballadoras.

Para a aplicación dos citados incrementos teranse en conta as circunstancias que consten acreditadas no momento de ditar a proposta de resolución.

Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo a proba a subvención ascenderá a 600,00 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.

Cando a dedicación sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo, nos termos previstos, a contía dos incentivos previstos nos números anteriores reducirase ao 50 %.

A contía máxima que poderá ser concedida a unha entidade beneficiaria por subvencións con cargo a este programa será de 67.500,00 €.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas:

a) Persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego.

b) Persoas que no momento da súa incorporación estean vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo fixo descontinuo.

c) Persoas que no momento da súa incorporación sexan socias a proba da cooperativa a que se incorporan, sempre e cando estiveren desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de incorporarse como tales persoas socias a proba.

d) Persoas que no momento da súa incorporación sexan persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.

A incorporación deberá supoñer incremento do emprego fixo e do número de persoas socias traballadoras ou de traballo indefinidas da cooperativa ou sociedade laboral beneficiaria da subvención, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios e socias por quen se percibe a subvención.

Tamén poderán acollerse a estes incentivos as cooperativas e sociedades laborais que incorporen en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, como persoas socias traballadoras ou de traballo a proba, persoas menores de 30 anos (ou menores de 35 anos cando se trate de persoas con discapacidade) que no momento da incorporación estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.

A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, deberá comprender como mínimo o 50 % da xornada ordinaria calculada en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada ordinaria legal.

Admitirase a incorporación en condición de persoa fixa descontinua, sempre que a ocupación acade como mínimo o 50 % da xornada de traballo anual establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, as 868 horas.


Publicación DOG

Publicación corrección erros DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Miércoles, 5 Febrero, 2025
Válido hasta: 
Martes, 16 Septiembre, 2025