Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo - 2026

- 16/01/2026
- 16/02/2026
-
Etapa
PE155A - Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo - 2026
Data de publicación: 16/01/2026
Data inicio de solicitude: 17/01/2026
Data remate de solicitude: 16/02/2026
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as subvencións a proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).
Características da axuda
Os proxectos e as actuacións subvencionables deberán acadar algún dos obxectivos siguientes:
a) Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
b) Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
c) Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
d) Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
e) Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos xerais:
a) Apoiar o logro da prioridade 3 do FEMPA, ser coherentes coa EDLP aprobada para a zona pesqueira onde se vaia desenvolver e contribuír aos obxectivos desta.
b) Estar localizados no ámbito territorial de aplicación da estratexia de cada GALP.
c) Ser viables técnica, financeira e economicamente.
d) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto. En particular, aplicarase a lexislación en materia de accesibilidade para as persoas con discapacidade e en materia ambiental, cando corresponda polo obxecto das operacións.
e) Non estar iniciados na data de presentación da solicitude de axuda.
f) Naqueles supostos de proxectos para investimentos que supoñan a realización dunha actividade económica e que se amparen no Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis, exixirase a creación, como mínimo, dun posto de traballo a tempo completo (1 UTA).
g) Os proxectos terán un orzamento subvencionable na anualidade 2026, que será, polomenos, do 10 % do importe total elixible.
O grao de financiamento dos proxectos para investimentos subvencionados ao abeiro da correspondente EDLP, para operacións que se leven a cabo en virtude do título II, capítulo IV, do Regulamento (EU) 2021/1139, será, de acordo co artigo 41 do mesmo regulamento.
Como norma xeral, a porcentaxe de axuda máxima para proxectos ascenderá ao 50 % do gasto subvencionable total da operación.
Os proxectos que non estean promovidos polo sector pesqueiro terán un importe máximo de axuda de 200.000 € por beneficiario/a (ou conxunto de beneficiarios/as) e convocatoria.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as seguintes:
1. Pequenas e medianas empresas e persoas físicas con capacidade para desenvolver unha actividade económica, con domicilio fiscal e social na Comunidade Autónoma de Galicia. As entidades terán personalidade xurídica.
As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Desenvolver o proxecto no ámbito de aplicación da estratexia do GALP.
b) Cando o/a beneficiario/a sexa unha sociedade de capital, o proxecto deberá adecuarse ao obxecto social que se recolla nos estatutos que teña rexistrados na data de remate de presentación da solicitude.
c) No caso de que o proxecto se desenvolva nun municipio densamente poboado en que na EDLP non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e os seus familiares), poderán ser beneficiarias:
1º. As sociedades de capital, con domicilio social e fiscal no municipio, en cuxo obxecto social figuren actividades propias do sector pesqueiro. No caso de que a sociedade desenvolva actividades noutros sectores, deberán acreditar, no momento da solicitude, que a maior parte da súa facturación no ano anterior á convocatoria provén do sector pesqueiro.
2º. As persoas integrantes do sector pesqueiro e familiares. Enténdese por familiares do sector pesqueiro, aquelas persoas en cuxa unidade familiar figure algunha persoa física, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, viva ou falecida, no ano inmediato anterior á data da solicitude, que sexa ou fose unha persoa pescadora, mariscadora, acuicultora ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballase nese sector de forma manifesta.
No caso de proxectos que supoñan a realización dunha actividade económica, as persoas beneficiarias limitaranse á categoría de peme, agás as entidades de carácter local, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.