Programa de axudas para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE) - 2026


  • 18/02/2026
  • 18/03/2026

TR357B - Programa de axudas para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE) - 2026

Data de publicación: 18/02/2026

Data inicio de solicitude: 19/02/2026

Data remate de solicitude: 18/03/2026

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas e incentivos a pemes e a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE).

Características da axuda

Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación); Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Global Compact (Pacto Mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ISO 50001; SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, así mesmo, selo horarios racionais (SHR) e certificación en benestar laboral.

Será o pagamento do 80 % da totalidade dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.

A porcentaxe subvencionable dos custos de consultoría non poderá exceder o 30 % da subvención.

Persoas beneficiarias

As empresas beneficiarias poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para a liña III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

As entidades sen ánimo de lucro poderán presentar solicitude para a liña III.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2025 e na data da súa xustificación. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.


Publicación boletín

Ficha informativa sede

Válido desde: 
Miércoles, 18 Febrero, 2026
Válido hasta: 
Miércoles, 18 Marzo, 2026