Axudas á transformación dixital das pemes - 2026


  • 10/06/2026
  • 10/07/2026

IG300C - Axudas á transformación dixital das pemes - 2026

Data de publicación: 10/06/2026

Data inicio de solicitude: 11/06/2026

Data remate de solicitude: 10/07/2026

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas destinadas a apoiar proxectos de transformación dixital orientados á implantación e posta en produción de solucións dixitais que proporcionen soporte aos procesos dunha empresa, ás súas relacións comerciais e operativas con terceiros e á súa interconexión dixital na cadea de valor, así como proxectos de intercambio automatizado de datos entre unha empresa galega e outras empresas.

Os proxectos deberán comportar a implantación efectiva dunha solución ou sistema, a súa posta en funcionamento en contorna real e a obtención de resultados verificables. Poderán comprender, entre outros, actuacións de dixitalización e automatización de procesos, implantación de sistemas de xestión, integración e intercambio de datos, interfaces e canles dixitais de relación comercial e operativa con terceiros, mellora da función loxística, medición e seguimento ASG baseados no dato e actuacións de ciberseguridade, sempre nos termos previstos.

Características da axuda

Os proxectos só poderán ser individuais: propostos por unha peme para abordar unha das seguintes tipoloxías:

1ª. Interfaces e canles dixitais de relación comercial e operativa con terceiros.

2ª. Dixitalización e automatización de procesos.

3ª. Sistemas de xestión integral.

4ª. ASG instrumentado por tecnoloxía.

5ª. Ciberseguridade para a operación dixital da empresa.

6ª. Mellora da función loxística.

Os proxectos encadraranse nos seguintes tipos en función do seu importe subvencionable total:

a) Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable inferior a 50.000 €.

b) Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de 50.000 € ata 120.000 €.

c) Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable superior a 120.000 €.

O importe subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 €.

Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:

a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade (que, para seren subvencionables, deberán contabilizarse nunha conta contable do grupo 2) que sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto, sempre que a funcionalidade principal do elemento adquirido teña unha relación directa cos ámbitos de actuación correspondentes á tipoloxía de proxecto definida nas bases.

b) Servizos de consultoría externa de carácter tecnolóxico ou organizativo, que para seren subvencionables deberán contabilizarse nunha conta do grupo 6, estar directamente relacionados coa execución do proxecto, prestarse dentro do seu prazo de execución e estar vinculados á súa implantación e posta en marcha.

c) Licenzas temporais, subscricións e servizos prestados en modelo de servizo, incluídos os servizos en nube ou en modalidade SaaS, que serán subvencionables exclusivamente en réxime de minimis, sempre que estean directamente vinculados ao proxecto e limitados ao seu prazo de execución.

d) Nos proxectos coordinados por un hub de innovación dixital dos seleccionados ao abeiro da Estratexia galega de HID, cun importe subvencionable igual ou superior a 60.000 €, excluídos os gastos de coordinación do hub, será subvencionable, ata un máximo de 6.000 €, o servizo de consultoría desenvolto polo hub en concepto de coordinación, apoio á definición do proxecto, apoio na selección de tecnoloxías e provedores e seguimento da súa implementación. Adicionalmente, deberase achegar declaración do hub de innovación dixital en que conste que non se proporcionou á peme solicitante ningún outro tipo de servizo ou asesoramento financiado con outros programas de axuda que concorra co que se presta ao abeiro desta axuda.

e) Para aqueles proxectos nos que o importe conxunto dos conceptos subvencionables correspondentes a activo inmaterial, consultoría e solucións tipo SaaS e similares supere os 30.000 €, será subvencionable, ata un máximo de 2.000 €, o custo do informe emitido por unha persoa enxeñeira colexiada, cualificada no ámbito en que se desenvolva o proxecto, independente e sen conflito de interese. Este informe deberá achegarse de acordo co establecido e terá a consideración de gasto subvencionable de consultoría externa.

A intensidade da axuda aplicarase aos distintos conceptos subvencionables en función da súa natureza e do réxime de axuda que lles resulte aplicable:

a) Os investimentos materiais e inmateriais subvencionables acollidos ao artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC) subvencionaranse cunha intensidade do 35 % para as pequenas empresas e do 25 % para as medianas empresas.

b) Os investimentos materiais e inmateriais subvencionables acollidos ao artigo 17 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC) subvencionaranse cunha intensidade do 20 % para as pequenas empresas e do 10 % para as medianas empresas.

c) Os gastos en servizos de consultoría externa subvencionables acollidos ao artigo 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC) subvencionaranse cunha intensidade do 50 % para pequenas e medianas empresas. Os gastos do hub de innovación dixital previstos, de existir, terán a consideración de colaboracións externas.

d) Os gastos en licenzas temporais, subscricións e servizos en nube ou en modalidade SaaS que resulten subvencionables en réxime de minimis, nos termos previstos, terán a consideración de servizos e serán subvencionables cunha intensidade do 50 %, aplicándose a pro rata temporal que corresponda cando a prestación comprenda un período superior ao prazo de execución do proxecto.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

Poderán ter a condición de persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas de calquera sector da actividade económica, sempre que a actividade, o proxecto e os custos para os que se solicita a axuda se atopen dentro do ámbito de aplicación do réxime de axuda correspondente e, de ser o caso, do artigo aplicable, conforme a o establecido.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Miércoles, 10 Junio, 2026
Válido hasta: 
Viernes, 10 Julio, 2026