Responsabilidade social
A Xunta de Galicia está a impulsar a implantación da responsabilidade social no ámbito empresarial, deseñando e poñendo á disposición de empresas e persoas traballadoras autónomas interesadas unha serie de recursos e ferramentas que lles axuden a avanzar neste eido.
Guías prácticas sectoriais
Como primeiro elemento de axuda, se teñen desenvolto unha serie de guías sectoriais de carácter práctico e de fácil lectura e aplicación, orientadas a destacar os aspectos clave da RSE para cada sector segundo as súas características e especificidades propias.
Sectores como a construción, o téxtil, o turismo, a madeira ou o TIC entre outros contan xa coa súa guía. Consulta neste enlace á relación completa de guías sectoriais e accede a aquelas do teu interese.
Autodiagnose gratuíto de situación
Para permitir ás empresas e persoas autónomas comezar a avanzar na materia, a Xunta de Galicia ten desenvolto unha ferramenta software denominada Xunta PRO RSE mediante a cal, de xeito gratuíto, podes facer a diagnose da situación do teu negocio para a posterior elaboración de memorias de responsabilidade social.
Xunta PRO-RSE permite a integración das variables da responsabilidade social empresarial na xestión do negocio dunha maneira sinxela e gráfica, permitindo visualizar os indicadores e o estado das túas propias actuacións en materia sociolaboral, ambiental e económica e testar a evolución nas mesmas a través dos cambios que se vaian introducindo nos indicadores, en función das accións que desenvolvas ao longo do tempo.
Para facer uso desta ferramenta debes cubrir o formulario de solicitude do instalador da ferramenta que atoparás neste enlace.
Ferramentas RSE
Xunto coa aplicación Xunta PRO RSE, tes á túa disposición toda unha serie de ferramentas que van desde diferentes referenciais na materia como a SA 8000, o SGE 21 ou o EMAS, a instrumentos de aplicación máis directa como a Global Reporting Initiative (GRI) ou a ecoetiqueta europea. Consulta neste enlace a outras ferramentas que tes á túa disposición para avanzar na aplicación da responsabilidade social no teu negocio.
Para afondar no tema, podes acceder tamén á web específica da Xunta de Galicia sobre a responsabilidade social.