Orde pola que se aproba o Plan de Inspección en materia de seguridade industrial - 2021

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar o Plan de inspección en materia de seguridade industrial para o ano 2021.

Na liña de supervisar, controlar e vixiar os establecementos, instalacións, produtos e actividades industriais, comprobará a adecuación da súa posta en funcionamento e condicións de servizo aos requisitos legais, regulamentarios e técnicos previstos na normativa aplicable e, de ser o caso, exixirá as responsabilidades que correspondan nos supostos de incumprimentos legais ou defectos técnicos en materia de industria.

O Plan de inspección articularase arredor de catro programas:

1. Instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial

2. Empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial

3. Accidentes graves

4. Vixilancia do mercado

Tal e como se establece na orde publicada, os titulares dos establecementos, instalacións ou actividades obxecto do plan de inspección están obrigados a permitir e facilitar as comprobacións e inspeccións que o persoal debidamente acreditado realice en cumprimento da función de control da Administración, así como achegar calquera información ou documentación que se lles solicite en relación coa inspección que se realice.


Publicación DOG