O Diario Oficial de Galicia publica a relación de festas laborais de carácter local para o 2022
A Consellería de Emprego e Igualdade ven de publicar no Diario Oficial de Galicia o calendario laboral provincial no que se determinan as festas laborais de carácter local correspondentes aos concellos das catro provincias galegas.
Con esta Resolución do 10 de novembro de 2021, a Dirección Xeral de Relacións Laborais establece as datas correspondentes a ditas festas, lembrando que, en virtude do establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo, para coñecemento e consulta das súas persoas traballadoras.
Posteriormente, o 22 de decembro de 2021, tense publicado a Corrección de erros da Resolución do 10 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2022, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto aos concellos de Boimorto e Cee.