CONFIRMAR BORRADOR IRPF
Trámites Ventanilla Única
Somos unha asesoría especializada en Traballadores por Conta Propia/Autónomos. O noso servizo comprende a xestión directa, persoal e integral de todas as obrigacións tributarias e laborais dos autónomos (confección, presentación e custodia dos modelos oficiais).
Se es autónomo/a ou tes intención de selo pronto, e o teu negocio non é do sector da agricultura, gandería e/ou pesca, podes beneficiarte das vantaxes de ser cliente de Trámites Ventanilla Única. Por un precio moi económico (25 €/mes IVE incluido) para calquera volume de facturación, está incluído todo o relativo o autónomo/a:
- Alta de autónomo/a, asesoramento previo a alta e modificacións censales.
- Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación fiscal.
- Libros de Rexistro Oficiais: Ingresos, Gastos e Bens de investimento.
- Modelo trimestral (303) e anual (390) de IVE.
- Modelo trimestral (130) de IRPF.
- Modelo trimestral (111) e anual (190) de retencións de IRPF.
- Modelo trimestral (115) e anual (180) de ret. de IRPF (aluguer de local).
- Declaración anual de operacións con terceiras persoas (347).
- Declaración trimestral ou anual de operacións intracomunitarias (349).
Declaración Anual de IRPF modelo 100: Non se inclúe o non ser propiamente unha declaración do autónomo/a. Isto non significa que non a presentemos, senón que nos gusta informar de que é a única declaración que leva un custo adicional á cota publicitada. O custo adicional é de entre 40 e 60 euros segundo a súa complexidade (unidade familiar, rendas, desgravacións, inmobles, etc.)
Podemos ofrecer un precio tan competitivo porque para a optimización do traballo centrámonos só nun grupo determinado de autónomos (tampouco asesoramos pemes), o cal nos achega unha maior especialización na materia. Temos un sistema automatizado de xestión propio, sen intermediarios. E utilizamos os medios telemáticos para a comunicación e envío de datos, que supón á vez un servizo máis rápido e eficaz para o cliente (evitando esperas, trámites innecesarios, excesiva documentación e desprazamentos).
E se tes ou queres contratar traballadores, tes á túa disposición o noso servizo de Asesoría Laboral, incluíndo todo o necesario:
- Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación laboral.
- Contratación e Alta de traballadores en Seguridade Social.
- Confección de nóminas.
- Liquidación de Seguros Sociais.
- Xestión de procesos de Incapacidade Temporal.
- Despidos e Rescisións de Contratos de Traballo.
- Liquidación, Certificado de Empresa e baixa de traballadores en Seguridade Social.
Os prezos por Asesoría Laboral (sin IVE) son:
- 20 euros/mes por traballador/a para empresas con 1 traballador.
- 15 euros/mes por traballador/a para empresas de 2 ou 3 traballadores.
- 12 euros/mes por traballador/a para empresas con 4 ou 5 traballadores.
- 10 euros/mes por traballador/a para empresas con 6 ou máis traballadores.
- 20 euros por trámite de alta/contratación de traballador/a.
- 20 euros por trámite de baixa/rescisión de traballador/a.
O noso compromiso é que renoves a túa confianza en nós mes a mes, podendo comprobar en todo momento a correcta presentación das túas declaracións mediante o correspondente certificado da Axencia Tributaria. Con todo, se por algunha razón non quedas satisfeito ou deixas de ser autónomo/a podes comunicar a túa baixa do servizo en calquera momento sen trámites.