Axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas - Galicia Exporta Dixital - 2024


  • 03/01/2024
  • 04/03/2024
Accede dende aquí

IG401D - Axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas - Galicia Exporta Dixital - 2024

Data de publicación: 03/01/2024

Data de inicio solicitude: 04/01/2024

Data de remate solicitude: 04/03/2024

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases reguladoras e a convocatoria axudas para apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital, xa que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais.

Considérase que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercute nas posibilidades de negocio das empresas, posibilita a presenza en mercados exteriores, facilita o aceso a clientes, reduce os custos de transacción e publicidade, e permite abrir novas canles comerciais, polo que se achegan así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

O obxecto último destas axudas é o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa e as necesidades específicas en materia de márketing dixital internacional.

Características da axuda

Serán subvencionables os gastos que correspondan de xeito indubidable á iniciativa de internacionalización dixital das pemes galegas.

Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:

a) Consultoría.

a.1) Asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital

Importe subvencionable máximo: 3.000 €.

b) Aplicacións informáticas.

b.1) Solucións tecnolóxicas PIM (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multiidioma.

Importe subvencionable máximo: 6.000 €.

b.2) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERP).

Importe subvencionable máximo: 20.000 €.

b.3) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización das canles de venda e márketing en liña.

Importe subvencionable máximo: 20.000 €.

b.4) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.

Importe subvencionable máximo: 18.000 €.

b.5) Solucións tecnolóxicas que faciliten a operativa internacional como, por exemplo, a creación de suite de sinatura dixital, solucións de facturación electrónica internacional, solucións de xestión internacional de taxas ou outras solucións de similar natureza.

Importe subvencionable máximo: 18.000 €.

No caso dos importes de subscrición a software de pagamento por uso, o custo subvencionable será, en todo caso, o aboado por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable, co límite de cobertura dun ano, sempre dentro dos límites establecidos en cada epígrafe.

c) Outros conceptos.

c.1) Creación e adaptación de catálogos en liña para o márketing e as vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.

Importe subvencionable máximo: 4.000 €.

c.2) Creación e adaptación de aplicacións en liña a medida para o B2B en mercados electrónicos obxectivos.

Importe subvencionable máximo: 20.000 €.

c.3) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia.

Importe subvencionable máximo: 12.000 €.

c.4) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar usuarios de interese obxectivo do negocio en liña. Inclúe a compra das solucións tecnolóxicas (incluída a adquisición mediante pagamento polo uso), a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores en liña por parte das axencias.

Importe subvencionable máximo: 6.000 €.

c.5) Creación e adaptación de tendas en liña, tanto B2C como sistemas de comercio electrónico orientados da B2B.

Gasto subvencionable máximo: 12.000 €.

d) Custos indirectos.

Serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministracións (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.

Estes custos establécense nun tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables indicados nas letras A), B) e C).

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 12.000 € e máximo de 100.000 €. De se superar este máximo, axustarase a este límite máximo.

No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca, o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 14.000 € e máximo de 40.000 € no caso de empresas do sector da pesca, e 25.000 € no caso de empresas do sector da produción agraria. De se superar este máximo, axustarase a este límite máximo.

A contía da axuda será dunha subvención do 60 % dos custos directos subvencionables relacionados nas letras a), b) e c). Ademais, percibirase a contía resultante de aplicar un tipo fixo do 7 % sobre a totalidade dos custos directos subvencionables en concepto de costes indirectos da operación.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, contando no devandito centro, polo menos, cunha persoa traballadora por conta allea na data de publicación no DOG destas bases de axudas, ter un importe de facturación (no último exercicio con obriga de depósito de contas anuais no Rexistro Mercantil, ou de presentación da declaración da renda) como mínimo do dobre do proxecto presentado pola empresa na súa solicitude de axuda e que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013 (a solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192).

Válido dende: 
mércores, 3 Xaneiro, 2024
Válido ate: 
luns, 4 Marzo, 2024