Programa de subvencións de apoio ao emprendemento - 2025

- 14/11/2025
- 16/12/2025
-
Etapa
BDNS 867925 - Programa de subvencións de apoio ao emprendemento - 2025
Data de publicación: 14/11/2025
Data inicio de solicitude: 15/11/2025
Data remate de solicitude: 16/12/2025
Obxecto
Esta Resolución ten por obxecto publicar as axudas da Liña 2.7. PEL Autónomos/as para sufragar parte das cotas da seguridade social correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia, e/ou do alugueiro de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo do ano 2026 de persoas autónomas nos meses que non reciben outras axudas.
Características da axuda
Terán a consideración de gastos subvencionables para as persoas autónomas, e sempre que non reciban ningún tipo de axuda ou concepto similar, os seguintes:
- As cotas mensuais da Seguridade Social correspondentes ao réxime por conta propia do ano 2026.
- Os gastos mensuais correspondentes ao ano 2026 dos alugueiros de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo onde se leve a cabo unha actividade económica dada de alta no IAE.
As persoas solicitantes poderán solicitar a subvención para ambos conceptos ou unicamente para un deles, segundo as súas necesidades. Os gastos imputaranse ás contas contables 642 (Seguridade Social a cargo da entidade) e 621 (Alugueiros e cánones).
Axuda para cotas sociais:
A axuda consistirá nunha contía fixa de 200 € por cada mes no que se cumpran os requisitos dende un mínimo de 6 meses ata un máximo de 12 meses, conforme ao seguinte cadro:
| Contía máxima correspondente a 12 meses | 2.400,00 € |
| Contía correspondente a 11 meses | 2.200,00 € |
| Contía correspondente a 10 meses | 2.000,00 € |
| Contía correspondente a 9 meses | 1.800,00 € |
| Contía correspondente a 8 meses | 1.600,00 € |
| Contía correspondente a 7 meses | 1.400,00 € |
| Contía mínima correspondente a 6 meses | 1.200,00 € |
Axuda para alugueiro:
A axuda consistirá nunha contía fixa por mes, equivalente ao prezo de alugueiro mensual efectivamente pagado pola persoa solicitante, IVE excluído.
Esta axuda terá unha contía mínima de 200 € e máxima de 500 € por cada mes no que se cumpran os requisitos, dende un mínimo de 6 meses ata un máximo de 12 meses, consonte a seguinte fórmula:
Contía mensual alugueiro efectivamente pagada (igual ou superior a 200 € e que non exceda de 500 €) x Número de mensualidades completas pagadas no ano 2026 (entre 6 e 12 mensualidades) = Contía da axuda
Persoas beneficiarias
Serán persoas beneficiarias desta axuda as persoas autónomas que desenvolvan unha actividade económica con ánimo de lucro e con domicilio fiscal nun municipio da provincia de Coruña de menos de 10.000 habitantes.