Programa ICEX Next de Iniciación e Consolidación da Exportación - 2025


  • 04/11/2025
  • 18/11/2025

BDNS - 864249 - Programa ICEX Next de Iniciación e Consolidación da Exportación - 2025

Data de publicación: 25/10/2025

Data inicio de solicitude: 26/10/2025

Data remate de solicitude: 18/11/2025

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para iniciar e/ou consolidar o crecemento internacional de pequenas e medianas empresas (PEME) españolas que conten cun proxecto competitivo a través da súa participación no programa ICEX Next.

O programa ICEX Next ten como finalidade introducir e consolidar a cultura exportadora na PEME española para que esta pase a formar parte da súa estratexia empresarial. Para iso, ofrece á empresa asesoramento especializado a través de consultores expertos para o desenvolvemento da súa estratexia exterior e mellora da súa competitividade internacional e subvenciona determinados gastos que faciliten o seu crecemento en terceiros países.

Características da axuda

O Programa ICEX Next ofrece asesoramento externo especializado en internacionalización á empresa a través dos consultores ICEX Next que están homologados polo programa.

Estes perfís son os seguintes:

a) Especialistas en internacionalización de Pemes xeneralistas.

b) Especialistas en internacionalización de Pemes en sectores produtivos concretos ou mercados concretos.

c) Especialistas en canles de comercialización específicos.

d) Especialistas en áreas transversais de operativa internacional.

e) Especialistas en márketing dixital ou en estratexia dixital internacional.

f) Expertos cuxo perfil permita facilitar á empresa a súa competitividade internacional.

Os consultores seleccionados pasan a formar parte da Bolsa de consultores homologados ICEX Next.

Os consultores ICEX Next poden realizar dous tipos de funcións:

a) Asesoramento externo ao órgano avaliador. Á empresa que cumpra os requisitos para acceder ao programa, asignaráselle un consultor ICEX Next que analizará o potencial de internacionalización da mesma. O custo deste servizo será asumido ao 100% por ICEX.

b) Consultoría á empresa beneficiaria para o deseño da súa estratexia internacional, implementación da mesma e aspectos de mellora da competitividade internacional.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as empresas españolas con potencial exportador que desexen crecer internacionalmente e que reúnan, entre outros, os seguintes requisitos: 

a) Ser PEME segundo definición do Anexo 1 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado. Exclúense Asociacións e Fundacións.

b) Ter produto ou servizo propio que poida ser comercializable internacionalmente e contar con marca propia. En caso de empresas de servizos, estes deberán prestarse no exterior. 

c) Non ser filial comercial ou produtiva de empresa estranxeira. 

d) Contar cunha facturación superior a 300.000 euros excepto para as empresas de base tecnolóxica de recente creación nas que a facturación se reduce a cero. Unha empresa de base tecnolóxica é aquela cuxa actividade require un uso intensivo de coñecemento científico-técnico e tecnoloxías para a xeración de novos produtos, procesos ou servizos e para a canalización das iniciativas de investigación, desenvolvemento e innovación e a transferencia dos seus resultados.


Publicación BOE

Ficha informativa

Válido dende: 
martes, 4 Novembro, 2025
Válido ate: 
martes, 18 Novembro, 2025