Programa de axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas - 2025


  • 14/11/2025
  • 16/12/2025

BDNS 867948 - Programa de axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas - 2025

Data de publicación: 14/11/2025

Data inicio de solicitude: 15/11/2025

Data remate de solicitude: 16/12/2025

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as axudas para o mantemento do posto de traballo indefinido creado ao abeiro da axuda PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025.

Características da axuda

A finalidade das subvencións é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento do posto de traballo laboral indefinido creado con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025).

Terán a consideración de gastos subvencionables os custos salariais e de seguridade social do mantemento no ano 2026 do posto de traballo subvencionado a través da convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025, que teña sido creado inicialmente como indefinido ou transformado a indefinido con carácter previo á presentación da solicitude de PELPemes Mantemento 2026.

Os conceptos de gasto subvencionables nesta liña de subvencións son os seguintes: 640 (Soldos e salarios), 642 (Seguridade Social a cargo da entidade) e 649 (Outros gastos sociais).

Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios, as cotas á seguridade social, así como outros gastos sociais relativos á incapacidade temporal (IT) da persoa traballadora ou en situación de descanso por nacemento, adopción, acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural ou suspensión por paternidade, exercicio corresponsable do coidado do menor ou da menor lactante, a cargo do empresariado.

A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custos estimados de contratación cos límites de 11.000 € (colectivo vulnerable) e 10.000 € (colectivo non vulnerable) para o mantemento das contratacións durante os 12 meses do ano 2026, a xornada completa, ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial iguais ou superiores do 50% da xornada ordinaria.

Importe do orzamento de gastos: Mínimo: 2.000 € Máximo: 22.000 € (colectivo vulnerable) 20.000 € (colectivo non vulnerable)

Importe da subvención a conceder:

Mantemento dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables (persoas inscritas como desempregadas de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional):

Mínimo: 1.000 € Máximo: 11.000 €

Mantemento dun contrato indefinido a xornada completa:

Mínimo: 1.000 € Máximo: 10.000 €

Importe máximo a solicitar: ata o 50 % do orzamento de gastos subvencionable.

Coeficiente de financiamento: como máximo do 0.50

O importe a solicitar será como máximo o correspondente á duración do contrato e o tipo de xornada da persoa a contratar segundo o seguinte: Colectivo vulnerable = [Número meses de contrato x 916,66 € x C.T.P.] Colectivo non vulnerable = [Número meses de contrato x 833,33 € x C.T.P.] O C.T.P. % - identifica o coeficiente de parcialidade sobre a xornada habitual.

Persoas beneficiarias

Serán persoas beneficiarias desta axuda as pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas beneficiarios/as da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024, que realizaron a contratación de maneira indefinida inicialmente ou a transformaron a indefinida con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes Mantemento 2026.


Publicación BOP

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
venres, 14 Novembro, 2025
Válido ate: 
martes, 16 Decembro, 2025