Axudas á transformación dixital das pemes, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021- 2027


  • 13/01/2025
  • 19/02/2025
Accede dende aquí

IG300C - Axudas á transformación dixital das pemes, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021- 2027

Data de publicación: 13/01/2025

Data inicio de solicitude: 20/01/2025

Data remate de solicitude: 19/02/2025

Obxecto

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas, ou entre dúas ou máis empresas galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Características da axuda

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos individuais en que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º. Desenvolvemento de interfaces dixitais para as súas interaccións de negocio ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.

2º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares), e melloras en ciberseguridade.

3º. Implementación de sistemas de dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral, tales como ERP, CRM e similares.

4º. Mellora da función loxística da empresa, a través da implantación de solucións dixitais, nalgunha das seguintes áreas:

– Dixitalización e automatización.

– Procesos e aplicacións.

– Virtualización e analítica de datos.

b) Proxectos colectivos, en que un grupo de empresas, opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador, aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º. Implantación dun sistema dixital común para mellorar as interaccións dixitais entre elas.

2º. Sistemas colectivos de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares).

3º. Implantación dun sistema de dixitalización de procesos ou de xestión integral, deseñado especificamente para o ámbito de actividade das empresas que participen no proxecto colectivo.

4º. Implantación dun sistema común para mellorar a función loxística nas áreas definidas na convocatoria. Ademais, os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:

- Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menor de 50.000 €.

- Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.

- Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €.

O Igape poderá reclasificar os proxectos entre modalidades e tipos no caso de que a clasificación proposta pola empresa non sexa correcta.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.

Poderán ter a condición de persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas de calquera sector da actividade económica incluído no ámbito de aplicación do devandito Regulamento (UE) 651/2014, tendo en conta as excepcións indicadas nas bases da convocatoria.

As pemes poderán solicitar axudas ás tipoloxías de proxectos individuais descritas no artigo 1.a).

Para poder solicitar as axudas ás tipoloxías de proxectos colectivos descritas no artigo 1.b), as persoas interesadas deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007. A dita agrupación terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia. Deberanse facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, nomearase un representante único da agrupación (en diante o líder), único interlocutor coa Administración ata a resolución de concesión. Unha vez concedidas as axudas individuais a cada peme, cada unha delas será independente para a tramitación da xustificación e liquidación da súa axuda.

No caso de que o proxecto das pemes estea coordinado por un organismo intermedio, este non formará parte da agrupación.No caso de que exista vinculación entre algunhas empresas da agrupación, as empresas vinculadas contarán como unha única para os efectos da avaliación do proxecto. Se todas elas estivesen vinculadas, avaliaríase o proxecto como varias solicitudes individuais.

 

Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
luns, 13 Xaneiro, 2025
Válido ate: 
mércores, 19 Febreiro, 2025