Proxecto EmprendeMAKERS
CONTEXTO
O Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores, é un proxecto aprobado no marco do Programa Operativo Interreg V-A España Portugal (POCTEP), área de cooperación 1- Galicia-Norte de Portugal, e está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
- Eixo prioritario: 2 – Competitividade empresarial
- Obxectivo temático: 3. Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas
- Prioridade de investimento: 3.A: Promoción do espírito empresarial, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, incluíndo as incubadoras de empresas
- Obxectivo específico: 3.A. Mellorar as condicións necesarias e propicias para a aparición de novas iniciativas empresariais
OBXECTIVOS
Creación e desenvolvemento dunha rede de emprendemento baseada nos centros de fabricación dixital e prototipado da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que actuará como un espazo común de innovación tecnolóxica e creativa, onde as persoas interesadas no seu uso (especialmente xente moza) poidan acceder a un espazo e a unhas ferramentas que lles permitan o desenvolvemento dunha idea de proxecto de carácter tecnolóxico e creativo desde a concepción e prototipado ata o seu testeo e adaptación ás necesidades do mercado e a súa posterior aceleración e lanzamento.
Todo iso baixo a filosofía do “faino ti mesmo”, a “metodoloxía lean” e o “ learning by doing” que fomente a creación de iniciativas empresariais innovadoras na Eurorrexión.
ACTIVIDADES EXECUTIVAS
- Rede Makers GNP
- Sistemas/Espazos de Ensaio Innovadores
- Academia Maker
- Aceleradora Emprendedora
RESULTADOS ESPERADOS
A través da rede de emprendemento obterase, por unha banda, unha transferencia das innovacións, procedementos e especializacións entre os diversos centros de fabricación dixital e prototipado da Eurorrexión, que dará como resultado a aparición de sinerxias de traballo conxunto que redunden en beneficio da competitividade e crecemento do tecido emprendedor da Eurorrexión.
Doutra banda, fomentarase a adquisición por parte da xente moza dunha serie de competencias mediante o emprego das TICs e as “tecnoloxías maker” que estimularán a innovación de base tecnolóxica e/ou creativa mediante a formación, o testeo e o asesoramento técnico e empresarial que posibilitaría a creación de novas iniciativas emprendedoras.
PARTENARIADO
ORZAMENTO
- Custo total do proxecto: 1.741.202,53 €
- FEDER total aprobado: 1.305.901,89 €
PERÍODO DE EXECUCIÓN
De 01/10/2017 ata 30/06/2022