Proxecto Piloto de Mentoring para autónom@s
Obxectivo
O proxecto piloto de mentoring promovido pola Consellería en cooperación coa Fundación Ronsel ten como obxectivo axudar a 200 autónom@s de Galicia a reducir os riscos na súa actividade profesional, co acompañamento para a consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos profesionais e a súa actividade económica.
Condicións imprescindibles para participar
Neste proxecto piloto son beneficiarios do proxecto as mulleres e homes que, estando de alta como autónom@s:
a. Se inscribiron neste proxecto, de forma voluntaria e dentro do período temporal marcado
b. Teñen o seu domicilio fiscal en Galicia,
Prioridade para participar no proxecto
Entre as persoas que cumpran as anteriores condicións, tiveron prioridade:
► Primeiramente os autónom@s que teñan unha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional,
► E, seguidamente, aqueles que cumpran canto menos unha das seguintes condicións:
i. Ter recibido a axuda do programa de promoción de emprego autónomo ou do programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación entre os anos 2015 e 2019 (ambos os dous incluídos).
ii. Se teña acollido ao programa "segunda oportunidade" ou "remuda xeracional", dende a existencia dos mesmos ata hoxe.
Plan de acción do proxecto
Cada autónom@ participante asistirá a un obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do Mentoring e os seus protocolos de actuación.
A cada autónom@ participante se lle asignará un mentor ou mentora (“matching”) en función das características indicadas na ficha de inscrición.
Cada “matching” celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración estimada de 2 horas durante un período máximo dun ano.
Ao finalizar o “matching” formalizarase o seu peche e analizaranse os obxectivos acadados.
Prazo de inscrición no proxecto
O prazo de inscrición para participar no proxecto estivo aberto entre o 13 de marzo e o 30 de abril de 2020 tendo agotadas as prazas dispoñibles.
Tes algunha dúbida ou pregunta?
Se tes algunha dúbida ou pregunta, contacta coa oficina do emprego autónomo e che axudaremos