A Axencia Tributaria publica os modelos de declaración do IRPF do 2021

A Axencia Tributaria ven de publicar no BOE a Orde HFP/207/2022, de 16 de marzo, pola que se aproban os modelos de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do Imposto sobre o Patrimonio, exercicio 2021, se determinan o lugar, forma e prazos de presentación dos mesmos, establécense os procedementos de obtención, modificación, confirmación e presentación do borrador de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, e determínanse as condicións xerais e o procedemento para a presentación de ambos os dous por medios electrónicos ou telefónicos.

As principais novidades que incorpora o modelo de renda que se aproba mediante esta Orde ministerial son:

a) En relación cos rendementos de capital inmobiliario, mantéñense os cambios introducidos en campañas anteriores e inclúese unha casilla para consignar o gasto derivado da rebaixa na renda arrendaticia acordada nos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2021.

b) No apartado de rendementos de actividades económicas en estimación directa, os contribuíntes poderán trasladar os importes consignados nos libros rexistro ao modelo. Na importación dos libros informarase que os mesmos se conservarán pola AEAT. A importación condiciónase a que tecnicamente o formato dos libros sexa o formato de libros rexistros publicados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria na súa páxina web.

c) Mellórase a forma de consignar determinadas ganancias patrimoniais que poden imputarse por cuartas partes, para mellorar a asistencia ao contribuínte nos exercicios futuros.

d) Realízanse os cambios necesarios no apartado de reducións a sistemas de previsión social, para asistir ao contribuínte na aplicación do réxime transitorio establecido na disposición transitoria decimonovena do Regulamento do Imposto. Tamén se diferencian as achegas das contribucións efectuadas en 2021 para a aplicación dos novos límites establecidos no artigo 52 da Lei do imposto.

e) No referente ás deducións, inclúese a dedución por obras de mellora da eficiencia enerxética de vivenda introducida con efectos desde o 6 de outubro, polo artigo 1 da Real Decreto-lei 19/2021, do 5 de outubro.

No réxime transitorio da dedución por investimento en vivenda habitual e na Reserva de Investimentos en Canarias actualízanse os prazos, tendo en conta a suspensión de prazos prevista na Disposición adicional novena da Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo.


Publicación BOE