Publicado o Real Decreto-lei coas medidas do Plan Nacional para dar resposta ás consecuencias da Guerra en Ucraína

Hoxe, 30 de marzo de 2022, tense publicado no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto-lei 6/2022, de 29 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína.

Se inclúen nel, distintas medidas destacando as do ámbito enerxético, as de materia de transporte, as de apoio ao tecido económico e empresarial e outras vencelladas ao apoio ás persoas traballadoras e colectivos vulnerables.

Dentro das medidas no ámbito enerxétivo se describen:

Medidas de apoio á industria.

A actualización do réxime retributivo específico da producción de enerxía eléctrica a partires de fontes de enerxía renovables, coxeneración de alta eficiencia e refugallos.

Medidas de axilización dos procedementos relativos a proxectos de enerxías renovables.

Outras medidas polas que se regulan determinados aspectos dos concursos de acceso.

A reducción da intensidade das emisións de gastos de efecto invernadoiro durante o ciclo de vida dos combustibles.

A bonificación extraordinaria e temporal do prezo final de determinados produtos enerxéticos.

E a prestación patrimonial de carácter público non tributario temporal a realizar polos operadores por xunto de produtos petrolíferos.

Dentro das medidas en materia de transportes:

Medidas no sector do transporte marítimo e portuario.

Medidas no sector do transporte por estrada e ferrocarril.

Entre as medidas de apoio ao tecido económico e empresarial se inclúen:

Medidas para reforzar a liquidez de empresas e persoas traballadoras autónomas.

Medidas de reforzo polo incremento de custos no tecido empresarial de actividades críticas do sector primario.

Medidas de apoio ao sector agrícola, gandeiro e pesqueiro.

Medidas de ampliación de prazos e flexibilización do cumprimento de obrigas no ámbito cinematográfico e da propiedade industrial.


Publicación BOE