Cursos Horizonte Europa para pemes

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network pon en marcha o próximo 18 de setembro un programa formativo on-line dirixido a formar ás pemes galegas no programa Horizonte Europa.

Este programa formativo on-line, consta de 2 cursos, un dirixido a pemes sen experiencia previa na participación no programa Horizonte Europa (10 horas) e outro a pemes con experiencia (15 horas e 1 hora de mentorización para revisar as súas ideas de proxecto despois da finalización do curso).

Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado.

A selección das entidades realizarase en base á información da seguinte ficha de selección (docx).

Data límite para a inscrición: 13 de setembro de 2023.

  • Ficha de selección (docx). Importante: ademais de cubrir o formulario de inscrición é imprescindible enviar esta ficha ao correo electrónico galactea.gain@xunta.gal