Publicada a Orde pola que se regula o dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2024
Tense publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 15 de xaneiro de 2024 pola que se regula o exercicio do dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións convocadas para o día 18 de febreiro de 2024 polo Decreto 150/2023, do 25 de decembro, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, no que se regulan as diversas situacións que se poidan presentar para o exercicio do dereito ao voto daquelas persoas traballadoras que non gocen do seu descanso semanal o día da votación, así como das persoas que interveñen dentro do proceso electoral.
En concreto, regula os permisos para as persoas traballadoras por conta allea poidan votar de xeito presencial ou por correo así como os permisos das persoas que formen parte de mesas electorais ou que acrediten a condición de apoderadas.