O que debes saber do III Plan de Rescate da Xunta de Galicia

Aspectos importantes a ter en conta

1. Para solicitar a axuda debes ter cantidades pendentes de pagamento a acredores/provedores ou préstamos.

2. Na solicitude inclúe todas as débedas ou cantidades que teñas pendentes e que cumpran as condicións da convocatoria, ordenadas por antigüidade e, dentro de esta, da prioridade a acredores / provedores privados sobre as débedas financeiras e, dentro destas últimas, prioriza as que levan aval do Estado.

3. Debes solicitar a axuda por todas as débedas ou cantidades pendentesLEMBRA que a axuda máxima é de 200.000 €, aínda que en 1ª volta ten un importe limitado.

4. Xa está previsto unha 2ª volta de pago sen que teñas que facer nada. Por iso é importante que clasifiques ben as débedas e indiques na solicitude a súa totalidade. A axuda poderá chegar os 200.000 € sempre que existan cantidades pendentes e se atopen dentro dos limites do Estado (40% e 20%).

5. Aos tres meses terás que presentar a xustificación do pagamento da débeda indicando o destino da axuda, tendo que ir na mesma orde que se indicou na solicitude.

6. Se xa presentaches a túa solicitude e non incluíches todas as débedas, fai unha nova achega no teu expediente da Sede Electrónica a través da acción de mellora da solicitude, incluíndo unha nova relación de débedas / cantidades completa e ordenada ou ben, de selo caso, presenta unha nova solicitude.


Máis información