III Plan de rescate para a persoas autónomas, profesionais e empresas afectadas pola COVID-19
O Terceiro Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas por motivos da COVID-19 está composto polos tres programas seguintes:
Programa I - de apoio ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva - TR600A
Este programa dotado con 150 millóns de euros, ten por obxecto a concesión de novas axudas económicas ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva no Imposto da renda das persoas físicas, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
Programa II - de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros - TR600B
Este novo programa, dotado tamén con 50 millóns de euros, ten por obxecto abordar a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas con dez ou menos persoas traballadoras por conta allea ou empresas ata vinte e cinco persoas traballadoras por conta allea que tiveran no exercicio 2020 un volume de facturación de ata dous millóns de euros para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
Programa III - de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras - TR600C
Por último, este III programa de apoio ten un orzamento de 34,4 millóns de euros e o seu obxecto é achegar unha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas con máis de dez persoas traballadoras por conta allea e cun volume de facturación de más de dos millóns de euros no exercicio 2020, ou empresas con máis de vinte e cinco persoas traballadoras por conta allea para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.