Cartel para difusión a utilizar polas persoas beneficiarias

Modelo de cartel para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Cartel TR600A


Preguntas frecuentes TR600A

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no Réxime de Traballadores do Mar como persoas traballadoras por conta propia e profesionais (de selo caso, mutualistas) en réxime de estimación obxectiva (Módulos) que teñan o domicilio fiscal en Galicia e desenvolvan unha actividade económica comprendida en calquera código de Clasificación Nacional de Actividades Económicas – CNAE09.

Obxecto do Programa

O obxecto deste programa é a axuda económica ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva (Módulos) no IRPF para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.

Serán subvencionables os gastos realizados para:

  • O pago da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
  • O pago da débeda dos custos fixos incorridos.

Os pagos aos que se refire o punto anterior, deberán tamén:

  • Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
  • A obriga de pago debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
  • Os pagos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.

Contía da axuda económica

A axuda concederase por un importe máximo de 3.000 euros cando se trate de persoas empresarias ou profesionais que aplicasen o réxime de estimación obxectiva (Módulos) no IRPF no ano 2019.

As cantidades pendentes de pagamento ás que se refire o artigo 28 da orde da convocatoria, deberán ser de importe igual ou superior á axuda solicitada, de tal xeito que o importe da axuda nunca poderá ser superior a aquelas.

Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán do 50% das cantidades indicadas.


Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600

(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 18:00 horas)


Publicación DOG

Infografía explicativa

Solicitude sede

Modificación DOG

Real Decreto-lei 5/2021

Por último, na disposición final terceira do Real Decreto - lei 17/2021, de medidas urxentes para mitigar o impacto da escalada de prezos do gas natural nos mercados minoristas de gas e electricidade, se inclúe unha nova redacción ao apartado 3 do artigo 1º do Real Decreto-lei 5/2021.

Real Decreto-lei 17/2021