Información sobre o impacto do Coronavirus (Covid-19)
Co fin de aglutinar toda a información xerada pola situación que se está vivindo en relación coa propagación do Coronavirus (Covid-19), a Oficina do Autónomo ten integrado nesta sección todos aqueles contenidos que se consideran de especial interese para dar resposta aos distintos ámbitos da actividade diaria do emprego autónomo.
Seguidamente, se presentan os distintos apartados de referencia para o correcto seguimento das medidas adoptadas no ámbito laboral para as persoas traballadoras autónomas:
O 21 de outubro de 2021 tense publicado no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 21 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de outubro de 2021, polo que se declara a finalización da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020 como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.
Publicación Finalización emerxencia sanitaria
O 20 de abril de 2022, publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto 286/2022, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso das máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, polo que as persoas maiores de seis anos de idade, quedan obrigadas só a utilizar as máscaras nos centros, servizos e establecementos sanitarios por parte das persoas traballadoras, visitantes e pacientes (coa excepción das persoas ingresadas cando permanezan na súa habitación), nos centros sociosanitarios por parte das persoas traballadoras e as persoas visitantes en zonas compartidas e nos medios de transporte público de viaxeiros. Do mesmo modo, na contorna laboral, con carácter xeral, non resultará preceptivo o uso das máscaras, podéndose determinar por parte da persoa responsable en prevención de riscos laborais as medidas preventivas que resulten axeitadas se así se deriva da súa correspondente avaliación (incluída a obriga da utilización da máscara, entre outras).
Publicación obrigatoriedade uso máscara
O 14 de setembro de 2021 tense publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia que comporta, como un dos elementos fundamentais, o establecemento dun plan de control e inspección autonómico e o desenvolvemento de actuacións de control e inspección municipais.
Seguindo coa tendencia observada na situación derivada da COVID-19, posteriormente tense publicado a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicación II Plan hostalaría
Adicionalmente, o 8 de outubro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 7 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifican a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas de prevención específicas
Con posterioridade, o 28 de outubro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 26 de outubro de 2021 pola que se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicación III Plan hostalería
De seguido, o 25 de novembro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 25 de novembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicación IV Plan hostalería
Complementando á anterior orde, o 26 de novembro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 25 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
Atendendo á tendencia da situación epidemiolóxica, o xoves 16 de decembro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 15 de decembro de 2021 pola que se prorroga e modifica a Orde do 22 de octubre de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicación VI Plan hostalería
Dada a evolución observada na situación epidemiolóxica causada pola COVID-19, o mércores 29 e o xoves 30 de decembro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicación VII Plan hostalería
Tendo en conta a posible ampliación dos horarios nas vésperas de festivos nas datas nas que se están a aplicar as novas medidas reguladas, o luns 3 de xaneiro de 2022 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 3 de xaneiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicación VIII Plan hostalería
Entendendo que as medidas aplicadas até este momento seguen a resultar necesarias, adecuadas e proporcionadas para controlar e evitar a maior difusión dunha enfermidade altamente contaxiosa, o venres 14 de xaneiro de 2022 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 13 de xaneiro de 2022 pola que se prorroga a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicación IX Plan hostalería
Téndose observado unha nova tendencia da situación epidemiolóxica causada pola COVID-19, o xoves 27 de xaneiro de 2022 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 27 de xaneiro de 2022 pola que se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entendendo que as medidas aplicadas ata este momento seguen a resultar necesarias, adecuadas e proporcionadas para o fin perseguido, tense publicado a Orde do 11 de febreiro de 2022 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifican a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicación XI Plan hostalería
Seguidamente, ponderando a incidencia que a exixencia do certificado supón nos dereitos fundamentais coa evolución epidemiolóxica, non se considera necesario prorrogar a eficacia da exixencia do certificado COVID noutros ámbitos e actividades nas cales viña sendo de aplicación, como nas de hostalaría e restauración, lecer nocturno, albergues turísticos, actividades de xogo, centros ou instalacións deportivas pechadas ou en piscinas cubertas, así como para o acceso a eventos multitudinarios ou aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o seu consumo durante eles. A eficacia destas medidas decaerá, polo tanto, ás 00.00 horas do día 26 de febreiro.
Publicación modificación Plan hostalería
En vista da evolución da situación epidemiolóxica, cómpre prorrogar, mediante esta orde de 23 de marzo de 2022, a eficacia das medidas contidas nas ordes citadas ata as 00.00 horas do día 9 de abril de 2022, ampliando o prazo de aplicación da Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia; a Orde do 14 de setembro de 2021, pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.
O 5 de febreiro de 2021 tense publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 3 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento, se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación de cambios de situación nos expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior de impedimentos ou limitacións da actividade como consecuencia das modulacións nas restricións sanitarias adoptadas polas autoridades competentes vinculadas ao COVID-19 (código de procedemento TR820V).
Deste xeito, a Xunta, como autoridade laboral para a tramitación destes expedientes, arbitra un procedemento máis accesible e áxil para as persoas autónomas e empresas.
Tramitación sede Publicación DOG
Adicionalmente, o 3 de maio de 2021 publicouse a orde que modifica algúns dos aspectos regulados na orden indicada anteriormente do 5 de febreiro.
Mediante este mecanismo basta con que as persoas autónomas empregadoras e empresas acheguen a data de efecto do cambio, os centros e persoas afectadas e xustifiquen que as novas circunstancias son de coñecemento dos representantes das persoas traballadoras.
Finalmente, tense publicado o Real Decreto-lei 18/2021, de 28 de setembro, de medidas urxentes para a protección do emprego, a recuperación económica e a mellora do mercado de traballo no que se amplían, por motivo da COVID-19, as prórrogas dos ERTE ata o 28 de febreiro de 2022 e se amplían os períodos de percepción das prestacións por cese de actividade para as persoas traballadoras autónomas ata o 31 de xaneiro de 2022.
Coa aprobación e entrada en vigor do Real Decreto-lei 18/2021, se abre a posibilidade de autorizar unha prórroga daqueles ERTE que estean vixentes a 30 de setembro de 2021 con base no disposto nos artigos 1 e 2 do Real Decreto-lei 11/2021, polo que a Xunta de Galicia ven de publicar o modelo de solicitude de prórroga por parte das empresas e persoas traballadoras autónomas con persoal por conta allea ao cargo a través da Orde do 30 de setembro de 2021 (Procedemento TR820H).
No seguinte enlace se dispón do acceso á publicación realizada da dita orde no Diario Oficial de Galicia:
Tal e como establece o artigo 17 do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, as persoas traballadoras cuxas actividades queden suspendidas ou cando a súa facturación no mes anterior ao que se solicita a prestación se vexa reducida, polo menos, nun 75 por cento en relación co promedio de facturación do semestre anterior, terán dereito á prestación extraordinaria, con carácter excepcional e vixencia limitada a un mes a partir da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, ou ata o último día do mes no que remete o dito estado de alarma, de prolongarse este durante máis dun mes. A dita prestación tense que solicitar a través da mutua colaboradora coa Seguridade Social á que estea adscrita a persoa traballadora autónoma. As ditas mutuas teñen habilitados formularios e instruccións nas súas páxinas web para descargar e completar as solicitudes e poder achegar tamén a documentación pertinente.
Tes máis información sobre como solicitala segundo indica o propio Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, xunto cun enlace a preguntas e respostas sobre a mesma, tamén do Ministerio e do Instituto Social da Mariña para as persoas que se atopan dentro do Réxime especial do Mar:
En relación coa opción da tramitación a través do SEPE, é preciso indicar que este Servizo ten publicado que "nos casos nos que os autónom@s non optaran por unha mutua, ábrese un período EXTRAORDINARIO no que deberán elixir unha e solictar nese momento o cese de actividade".
A continuación se inclúe unha guía con preguntas e respostas en relación coa prestación extraordinaria por cese de actividade do Ministerio de Trabajo y Economía Social:
Guía prestación extraordinaria
Para finalizar este apartado, a continuación disponse do acceso ao Real Decreto-lei 11/2021 polo que se amplía o prazo das prestacións extraordinarias ata o 30 de setembro de 2021.
Dada a magnitude e a importancia da situación social e laboral xerada coa propagación do Coronavirus (Covid-19), dende a Oficina do Autónomo se quiere dar acceso a toda a información da que dispón o Servizo Galego de Saúde, organismo que asume o papel de referencia nesta situación de risco en Galicia.
As persoas traballadoras por conta allea que non deban acollerse ao permiso retribuído recuperable establecido no Real Decreto-lei 10/2020, terán dereito a que a empresa lles emita un certificado para facilitar os desprazamentos necesarios entre o lugar de residencia e o traballo.
A continuación se inclúe o modelo indicado, anexo da Orde do Ministerio de Sanidade SND/307/2020, 30 de marzo, pola que se establecen os criterios interpretativos para a aplicación do Real Decreto-lei 10/2020.
O Real Decreto-lei 10/2020 é só de aplicación para as persoas traballadoras por allea!
Para maior detalle, facilítase a continuación o acceso á información que o Goberno de España, a través do Ministerio de Sanidade, publica en relación co devandito virus.
Ademais, e como complemento, o ISSGA ten elaborado a seguinte documentación de prevención no traballo fronte ao coronavirus.
Adicionalmente, en el siguiente enlace puedes acceder al conjunto de publicaciones que ha elaborado para atender a la prevención en esta situación provocada por el COVID-19:
Para finalizar este apartado, a continuación tienes el acceso a todos los manuales de aplicación en el sector de la hostelería y turismo elaborados en colaboración por el SERGAS y Turismo de Galicia: