Cartel para difusión a utilizar polas persoas e empresas beneficiarias

Modelo de cartel para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Cartel TR700A


Preguntas frecuentes TR700A

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste Plan de rescate:

a) Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, e profesionais (de ser o caso, mutualistas) en réxime de estimación  obxectiva, con domicilio fiscal en Galicia e que exerzan unha actividade económica.

b) Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas, con domicilio fiscal en Galicia, que exerzan unha actividade económica e que teñan unha caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no imposto sobre o valor engadido ou tributo indirecto equivalente, de máis dun 30 % no ano 2020 respecto do ano 2019.

c) Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que continúan coa súa actividade, aínda que non estean de alta no momento de presentación da solicitude e estean de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses nalgún dos anos 2019 ou 2020.

Para os efectos desta orde, ás persoas traballadoras autónomas que estean de alta durante un período superior a 9 meses aplicaráselles o réxime xeral e non o de tempada.

d) Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas e empresas dadas de alta ou creadas entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas que realizasen unha modificación estrutural da sociedade mercantil entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.

Excepcionalmente, poderán ser beneficiarios aqueles que teñan un resultado negativo no 2019 sempre que acrediten a súa solvencia económica. A dita solvencia económica acreditarase do seguinte xeito:

  • Nas entidades que sexan suxeitos pasivos do imposto de sociedades (IS) cando, segundo as magnitudes contidas na declaración do IS do exercicio 2019, cumpran dúas das tres condicións seguintes:
  • Ter fondos propios superiores á metade do capital.
  • Ter un activo total igual ou superior a 1,5 veces o pasivo total.
  • Ter un activo corrente igual ou superior ao pasivo corrente.

No caso de entidades que non teñan capital, a condición dos fondos propios indicados no parágrafo anterior substituirase polo valor absoluto das perdas acumuladas inferior á metade dos fondos propios.

  • Para as persoas físicas (non suxeitas a IS), mediante a presentación das declaracións do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) dos exercicios 2017 e 2018, nas cales se reflicta un resultado positivo en ambos os anos.

Gastos subvencionables polo Programa

Serán subvencionables as cantidades que se destinen a satisfacer a débeda con provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como a compensar os custos fixos en que se incorreu, sempre que estes se xerasen entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021, de acordo co disposto a continuación.

En concreto, ao abeiro desta convocatoria son subvencionables os gastos realizados para:

a) O pagamento da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, que debe estar pendente o 30 de setembro de 2021, aínda que xa estivese realizado na data de presentación da solicitude, e proceder de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021.

b) A compensación dos custos fixos en que se incorreu, e sempre que fosen xerados entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e que procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021. Inclúense as perdas contables propias da actividade empresarial que non fosen xa cubertas por estas ou outras axudas.

No que respecta á compensación de perdas contables propias da actividade empresarial no ano 2021, non cubertas por estas ou outras axudas, será posible sempre que exerza actividade económica con exercicio pechado.

En primeiro lugar, deberanse satisfacer os pagamentos das débedas a provedores e outros acredores non financeiros por orde do antigüidade.

Se procede, en segundo lugar, reducirase a débeda con acredores financeiros, primando a redución da débeda con aval público.

Por último, poderá destinarse o remanente da axuda a compensar os custos fixos en que se incorreu, sempre e cando estes fosen xerados entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021. Inclúense as perdas contables propias da actividade empresarial que non foran xa cubertas por estas ou outras axudas.

Contía da axuda económica

No caso de persoas empresarias ou profesionais que apliquen no réxime de estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas no ano 2019 e/ou no ano 2020, a axuda concederase por un importe máximo de 3.000 euros.

Os gastos subvencionables deberán ser de importe igual ou superior á axuda solicitada, de tal xeito que o importe da axuda nunca poderá ser superior aos ditos gastos subvencionables.

No caso das restantes persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais e empresas e de conformidade co establecido no artigo 3.2 do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta a pandemia da COVID-19, modificado polo Real decreto lei 6/2021, a axuda máxima total concedida non poderá superar ningún dos seguintes importes:

  • Primeiro: 200.000 euros.
  • Segundo: o 40 % da caída do volume de operacións no ano 2020 respecto do ano 2019, que supere o 30 % da caída de facturación nese período, no caso de empresarios ou profesionais que apliquen o réxime de estimación directa no imposto sobre a renda das persoas físicas, así como as entidades e establecementos permanentes que teñan un máximo de 10 persoas empregadas.
  • Terceiro: o 20 % da caída do volume de operacións no ano 2020 respecto do ano 2019, que supere o 30 %, da caída de facturación nese período, no caso de entidades, empresarios ou profesionais e establecementos permanentes que teñan máis de 10 persoas empregadas.

No obstante o establecido nos puntos segundo e terceiro anteriores, a axuda mínima será de 4.000 €, sempre que existan débedas pendentes ou compensación de custos fixos por ese importe.

  • Cuarto: o importe dos gastos subvencionables.

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas.


Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600

(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 18:00 horas)


Publicación DOG

Acceso tramitación Sede

Infografía explicativa

Real Decreto-lei 5/2021

Real Decreto-lei 17/2021