MaisMedia

Centrámonos nunha gama de servizos que abarcan a estratexia de marketing online con desenvolvemento creativo e análisis táctico.

Un enfoque integrado que optimiza o que funciona e o que non.

Axudamos ás empresas a ser máis competitivas e productivas

Para que medres con fundamento e solidez.

 

 


Oferta de Exemplo da oficina do autónomo

EXEMPLO DE OFERTA DE COLABORACIÓN

Dentro das actividades que está a desenvolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o propio IGAPE, a promoción do emprego autónomo é esencial.

Por isto, buscamos persoas traballadoras autónomas que queiran avanzar e modernizar o seu negocio, abríndolles distintas canles de apoio, axudas e contidos que faciliten o seu desenvolvemento profesional.

Máis información na nosa páxina web

Exemplo de escaparate - A oficina do autónomo

Este escaparate é un exemplo das posibilidades que pon a oficinadoautonomo.gal para dar a coñecer o teu negocio.

Nel podes incluír unha descrición detallada da túa actividade, dos teus produtos, da túa moda, da calidade dos teus traballos ou do exquisita que é a comida que elaboras no teu establecemento.

Inclúe os teus horarios, o emprazamento do teu negocio, os artigos que vendes, os teus contactos nas redes sociais, a túa páxina web ... e toda aquela información que permita difundir mellor o teu negocio.

Ademais, para facilitar a busca que realicen as persoas usuarias do portal, podes engadir as túas especialidades como etiquetas que melloren a túa presenza e localización.

Engade tamén ficheiros coas túas ofertas, os teus produtos ou servizos, catálogos ou calquera outra información comercial que consideres ideal para os teus clientes.

Está aberto a que calquera persoa autónoma de Galicia poida difundir, publicitar e dar a coñecer a súa actividade, abrindo unha canle nova e adicional para que as persoas atuónomas de Galicia poidan medrar e seguir a xerar emprego de calidade na nosa terra.

 


Páxinas