Axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas (Programa Principia) - 2021


  • 15/03/2021
  • 15/04/2021
Accede dende aquí

IN848C - Axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empreas (Progama Principia) - 2021

Data de publicación: 15/03/2021

Data inicio de solicitude: 16/03/2021

Data remate de solicitude: 15/04/2021

Obxecto

As bases teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán as axudas do programa Principia da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo dun ano de persoal para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.

Características da axuda

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2021 ata o 1 de novembro de 2021, ambas inclusive, coas seguintes características:

a) As actividades de I+D+i que realicen o persoal contratado deberán desenvolverse en centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e estar aliñadas cos retos e coas prioridades estratéxicas establecidas na RIS3 para Galicia (anexo III).

b) O contrato de traballo que se formalice deberá ser a tempo completo e poderá ser indefinido ou de duración determinada mínima de 12 meses. Ademais, deberá respectar o grupo de cotización correspondente á titulación da persoa contratada, segundo a táboa do punto 2 do artigo 4 da convocatoria.

c) A retribución salarial anual bruta que percibirá por cada persoa tecnóloga contratada deberá figurar expresamente no contrato e non poderá ser inferior a 19.000 euros.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas, entre outras, as empresas de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.


Publicación DOG Ficha sede

Válido dende: 
luns, 15 Marzo, 2021
Válido ate: 
xoves, 15 Abril, 2021