Subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o fomento das solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois e no exterior - 2022
- 05/03/2022
- 05/04/2022
-
Etapa
BDNS 613111 - Subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o fomento das solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois no exterior - 2022
Data de publicación: 5 de marzo de 2022
Data de inicio solicitude: 6 de marzo de 2022
Data de remate solicitude: 5 de abril de 2022
Obxecto
As axudas reguladas por esta resolución teñen por obxeto a concesión de subvencións para o fomento das solicitudes de patentes e modelos de utilidade, en réxime de concorrencia competitiva, conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
Consta de dous programas:
Programa de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade no exterior: As axudas concéntranse en subvencionar as actividades que presupoñen uns custos por pago de taxa nos respectivos países en función dunhas contías de referencia que se establecen na convocatoria para cada tipo de actividade realizada nun país ou grupo de países.
Programa de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois para a Peme e persoas físicas dirixido a estimular a protección nacional da tecnoloxía a través de patentes ou modelos de utilidade co fin de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas e das persoas físicas, as ditas axudas concéntranse en subvencionar as solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois que conlevan o pago dunha taxa.
Características da axuda
Programa para o Fomento das Solicitudes de Patentes e Modelos de Utilidade no exterior.
Asignaranse unhas contías de referencia, en función do país ou grupo de países en que tivese lugar a actividade subvencionable e que se indican no Anexo I da Resolución da convocatoria. A subvención non poderá superar o 80% dos importes sinalados no Anexo I da Resolución da convocatoria. No caso de que o solicitante sexa considerado pequena ou mediana empresa (PEME) ou sexa unha persoa física, a subvención non poderá superar o 90% dos devanditos importes.
Programa para o Fomento das Solicitudes de Patentes e Modelos de Utilidade Españois.
Ás actividades sinaladas asignaránselles unhas contías de referencia que se indican no Anexo II da Resolución da convocatoria. A subvención non poderá superar o 90% dos importes sinalados.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención, segundo sendos programas, as seguintes:
Programa para o Fomento das Solicitudes de Patentes e Modelos de Utilidade no Exterior. O beneficiario é a persoa con residencia e domicilio fiscal en España que reúna un dos seguintes requisitos:
a) sexa unha persoa física
b) sexa considerado pequena ou mediana empresa (PEME)
c) sexa unha gran empresa privada
d) sexa unha institución privada sen ánimo de lucro sen dependencia ou vinculación ao sector público.
O solicitante debe realizar directamente ou a través dun representante terceiro a solicitude de patente e/ou modelo de utilidade no estranxeiro, utilizando a vía nacional dos distintos países, a vía europea a través do previsto no Convenio sobre a concesión de Patentes Europeas, ou a vía do Tratado de Cooperación en materia de patentes a condición de que o dereito de prioridade unionista traia causa dunha solicitude de patente ou modelo de utilidade presentada ante a OEPM, traia causa dunha solicitude internacional PCT presentada ante a OEPM, en calidade de Oficina Receptora ou ben que se trate da devandita solicitude internacional PCT, ou traia causa dunha solicitude de patente europea presentada na OEPM ou ben que se trate da devandita solicitude europea presentada na OEPM.
Programa para o Fomento das Solicitudes de Patentes e Modelos de Utilidade Españois. O beneficiario é a persoa con residencia e domicilio fiscal en España que reúna un dos seguintes requisitos:
a) Sexa unha persoa física
b) Sexa considerado pequena ou mediana empresa (PEME)
O solicitante debe realizar directamente ou a través dun representante terceiro algunha das seguintes actividades:
a) a solicitude dun modelo de utilidade español,
b) a realización do informe sobre o Estado da Técnica (IET) para os modelos de utilidade,
c) a solicitude dunha patente española,
d) a realización do informe sobre o Estado da Técnica (IET) para as solicitudes de patentes españolas,
e) a realización do exame substantivo para as solicitudes de patentes españolas.
Ficha informativa na sede electrónica