Programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas - 2022
- 10/08/2022
- 31/10/2022
-
Etapa
TR790A - Programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas - 2022
Data de publicación: 10/08/2022
Data inicio de solicitude: 11/08/2022
Data remate de solicitude: 31/10/2022
Obxecto
Esta orden ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas do programa Nova oportunidade para as persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Establécense dous tipos de apoio ás persoas traballadoras autónomas:
Para as que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma. A súa finalidade é facilitarlle a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero que ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou en diferente sector.
Para as que estean de alta como persoas traballadoras autónomas e queren volver emprender noutro sector. A finalidade desta axuda é facilitarlle o cambio de actividade económica á persoa emprendedora que desexa cambiar a súa actividade, ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender e quere facelo noutros sectores económicos como os considerados emerxentes ou vinculados á economía circular, entre outros.
Características da axuda
Os apoios do programa estrutúranse en dous bonos:
– Bono alta nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio.
Concederáselles unha axuda de 9.000 € ás persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4. As axudas do Bono alta nova oportunidade estarán cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020
– Bono formación e/ou mentoring para acompañar e axudar na posta en marcha do negocio.
Poderá recibir unha axuda de ata 1.600 € para realizar un mínimo de 40 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, márketing dixital ou calquera outra que teña relación directa co negocio que se vai emprender e que así se xustifique.
Persoas beneficiarias
Serán beneficiarias destas axudas tanto as persoas autónomas que queren volver emprender de novo como as persoas autónomas que queren cambiar de sector de actividade causando e mantendo a baixa da actividade ou actividades nos sectores exercidos como autónoma ata a nova alta, para o que se terá en conta o CNAE e o IAE (modelos 036 ou 037):
1. Persoas autónomas ou que teñan sido autónomas con anterioridade, e que queren volver emprender.
2. Persoas autónomas que queren cambiar de sector de actividade.