Kit Digital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento III (entre 0 e 3 persoas empregadas) - 2022
- 12/10/2022
- 31/12/2024
-
Etapa
Programa Kit Dixital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento III - 2022
Data de publicación: 12 de outubro de 2022
Data de inicio solicitude: 20 de outubro de 2022
Data de remate solicitude: 31 de decembro de 2024 - nova data
Obxecto
As subvencións reguladas e convocadas por esta resolución teñen por obxecto executar o Programa Kit Digital, dirixido á dixitalización das pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego comprendidas no Segmento III do artigo 7.2 das Bases Reguladoras, ( pequenas
empresas entre 0 e menos de 3 persoas empregadas).
Características da axuda
As axudas ("bono digital") desta Convocatoria teñen a consideración de subvención directa, outorgadas mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, e consistirán en disposicións dinerarias destinadas a financiar a adopción de solucións de dixitalización dispoñibles no mercado cuxas referencias se atopen accesibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa Kit Dixital, regulado no artigo 12 das Bases Reguladoras.
O importe máximo de axuda por beneficiario será de 3.000 € (ampliado mediante a Modificación III das bases reguladoras), ao estar dirixidas unicamente ao Segmento III.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, cuxo domicilio fiscal estea emprazado en territorio español, comprendidas no Segmento III (Pequenas empresas ou Microempresas entre 0 e menos de 3 persoas empregadas).
Ficha informativa sede electrónica
Modificación I bases reguladoras
Modificación II bases reguladoras