Subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento no ámbito da acuicultura - 2023


  • 17/01/2023
  • 17/02/2023
Accede dende aquí

PE205F - Subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura - 2023

Data de publicación: 17/01/2023

Data inicio de solicitude: 18/01/2023

Data remate de solicitude: 17/02/2023

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas destinadas ás seguintes accións:

Modalidade A: axudas destinadas á realización das actuacións que a seguir se detallan, que teñen por obxecto o fomento dunha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

Modalidade B: axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.

Modalidade C: axudas destinadas á obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, co fin de mellorar o rendemento global e a competitividade das explotacións acuícolas e reducir o impacto ambiental negativo do seu funcionamento.

Características da axuda

Modalidade A: esta axuda estará destinada á realización das actuacións que a continuación se detallan, co fin de fomentar unha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva:

a) Investimentos produtivos na acuicultura.

b) Diversificar a produción acuícola e as especies cultivadas.

c) Modernizar os centros acuícolas.

d) Melloras e modernización relacionadas coa saúde e o benestar dos animais, incluída a adquisición de equipos destinados a protexer as explotacións dos predadores salvaxes.

e) Investimentos na mellora da calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor.

f) Diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias.

Modalidade B: axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.

Modalidade C: axudas destinadas á realización das actuacións que a seguir se detallan e que teñen como obxecto a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, sempre que a súa prestación teña algunha das seguintes finalidades:

a) As necesidades en materia de xestión para permitir ás explotacións acuícolas cumprir coa normativa da Unión Europea e a lexislación nacional en materia de ambiente, así como os requisitos de ordenación do espazo marítimo.

b) A avaliación de impacto ambiental á que se refiren a Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello e a Directiva 92/43/CEE.

c) As necesidades en materia de xestión para permitir ás explotacións acuícolas cumprir coa normativa da Unión Europea e nacional sobre saúde e benestar dos animais acuáticos ou sobre saúde pública.

d) As normas sobre saúde e seguridade baseadas na normativa da Unión Europea e nacional.

e) A comercialización e as estratexias empresariais.

Os servizos deberán ser prestados por organismos científicos ou técnicos, así como por entidades que presten asesoramento xurídico ou económico, que conten coas competencias necesarias recoñecidas.

As axudas teñen carácter de subvencións de capital e non constitúen axudas de Estado.

A contía máxima da axuda será o 50 % do investimento máximo subvencionable para as empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas (modalidades A, B e C).

Para as empresas que non teñan esa consideración (grandes empresas) a contía máxima da axuda será o 30 % do investimento máximo subvencionable (modalidades A e B).

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos, as empresas acuícolas segundo dispón o artigo 46 do Regulamento (UE) nº 508/2014.

Para os efectos desta axuda considéranse empresa acuícola as persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou en todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situadas nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de que a axuda se solicite para a modernización de barcos auxiliares de acuicultura, poderán ser persoas beneficiarias da ayuda tanto as persoas propietarias da embarcación como as persoas armadoras titulares dos establecementos de acuicultura.

As axudas correspondentes ás modalidades A e B están dirixidas ás empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas.

As axudas correspondentes á modalidade C unicamente están dirixidas ás empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
martes, 17 Xaneiro, 2023
Válido ate: 
venres, 17 Febreiro, 2023