Axudas á dixitalización Industria 4.0 - 2023
- 05/06/2023
- 05/07/2023
-
Etapa
IG300C - Axudas á dixitalización Industria 4.0 - 2023
Data de publicación: 05/06/2023
Data de inicio solicitude: 06/06/2023
Data de remate solicitude: 05/07/2023
Obxecto
Esta Resolución ten por finalidade establecer as bases e convocar as axudas destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas, ou entre dúas ou máis empresas galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.
Características da axuda
Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:
a) Proxectos colectivos, en que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º. Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
2º. Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.
b) Proxectos individuais en que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º. Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
2º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) e ciberseguridade.
3º. Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e similares).
Ademais, os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:
• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable de menos de 50.000,00 €.
• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000,00 € e 120.000,00 €.
• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000,00 €.
Os proxectos da modalidade a) terán preferencia sobre os da modalidade b).
O Igape poderá reclasificar os proxectos entre modalidades e tipos no caso de que a clasificación proposta pola empresa non sexa correcta.
Os proxectos deberán estar finalizados para poder optar ao cobramento da subvención.
O gasto subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000,00 € para os proxectos individuais e de 10.000,00 € por participante para os proxectos colectivos.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.