Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2023
Obxectivo
O Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2023 promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en cooperación coa Fundación Ronsel ten como obxectivo contribuír á sustentabilidade social empresarial e á mellora da competitividade das persoas traballadoras autónomas de Galicia.
Busca apoiar de xeito personalizada a 200 persoas traballadoras autónomas para reducir os riscos na súa actividade profesional, acompañalas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual, e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e da súa actividade económica, así como das condicións de traballo asociadas para acadar un maior benestar laboral.
- PRAZO DE SOLICITUDE AMPLIADO ATA O 7 DE XULLO DE 2023 -
Persoas autónomas beneficiarias
Neste programa poderán participar ata un máximo de 200 persoas que, estando de alta como traballadoras autónomas:
- Leven alomenos 42 meses de actividade económica.
- Se inscriban neste programa, de forma voluntaria a través deste formulario e dentro do período temporal marcado.
- Teñan o seu domicilio fiscal en Galicia,
Entre as persoas que cumpran as anteriores condicións, terán prioridade aquelas persoas traballadoras autónomas que teñan persoal contratado.
⇒ No caso de que non se acade o obxectivo de 200 persoas traballadoras autónomas con 42 meses de actividade, poderán inscribirse aquelas que teñan recibido a axuda do programa de XEMPRE AUTONOMO (promoción de emprego autónomo), BONO AUTÓNOMO, NOVA OPORTUNIDADE, EMEGA, XEMPRE EMPREDEMENTO ou calquera outra axuda da Consellería e Promoción de Emprego e Igualdade.
Plan de acción do Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2023
O plan de acción do Programa abordarase seguindo as seguintes pautas:
- Cada persoa traballadora autónoma participante asistirá a un obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do Mentoring e os seus protocolos de actuación.
- A cada persoa traballadora autónoma participante asignaráselle unha persoa mentora (“matching”) en función do tipo de apoio indicado na ficha de inscrición.
- Cada “matching” celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración estimada de 1 a 2 horas, e durante un período máximo de 7 meses.
- Durante a relación de mentoring, ofreceranse “mentorías de apoio” para, de forma puntual, poder traballar outras áreas de traballo.
- Ao finalizar o “matching” formalizarase o seu peche e analizaranse os obxectivos acadados.
Prazo de inscrición no programa
O prazo de inscrición para participar no Programa estivo aberto entre o 1 de xuño e o 7 de xullo de 2023 ata esgotar as prazas dispoñibles.
Tes algunha dúbida ou pregunta?
Se tes algunha dúbida ou pregunta, contacta coa Oficina do Emprego Autónomo e che axudaremos.