Seguridade e saúde laboral
O instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) dispón de diversos recursos e contidos destinados especificamente a cubrir as necesidades do emprego autónomo en materia de seguridade e saúde laboral.
Seguimento información Coronavirus Covid-19
A través do SERGAS se está a coordinar toda a información de referencia en relación coa nova enfermidade Coronavirus Covid-19.
Toda a información está dispoñible a través deste enlace:
Información xeral ISSGA
Ademais, e como complemento, o ISSGA ten elaborado a seguinte documentación de prevención no traballo fronte ao coronavirus.
Recomendacións específicas ISSGA
Tendo en conta a potencial incidencia no sector dos supermercados e comercios polo miúdo de alimentación, a continuación achéganse recomendacións específicas elaboradas polo ISSGA.
Infografía ISSGA Supermercados
Prevención 10
Ferramenta dispoñible en liña desenvolta polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, facendo máis sinxelo integrar a prevención de riscos laborais no desenvolvemento da actividade. Ten os seguintes módulos:
- Avalía-t: para o establecemento do plan de prevención, a avaliación de riscos e a súa planificación
- Stop riscos laborais: servizo telefónico de asistencia e orientación á pequena empresa e ao traballo autónomo (901 25 50 50).
- T-formas: facilita o cumprimento das obrigas da persoa traballadora autónoma, permitíndolle complementar a súa formación en materia preventiva e, en particular, sobre a prevención dos riscos específicos da súa actividade.
- Autoprevent: facilita ás persoas traballadoras autónomas sen persoal ao seu cargo o asesoramento técnico necesario para o cumprimento dos seus deberes en materia de prevención de riscos laborais e promove formación adaptada ás peculiaridades do colectivo.
Se resulta do teu interese, accede á web do servizo Prevención10 desde este enlace.
Recoñecementos médicos gratuítos
O ISSGA tamén ofrece ás persoas traballadoras autónomas a posibilidade de realizar nos seus centros, de xeito gratuíto, recoñecementos médicos específicos dirixidos a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.
Consulta o folleto informativo deste servizo neste enlace, e se queres solicitalo descarga o modelo de solicitude de recoñecemento médico que se achega a continuación.
Formación en prevención
Desde o ISSGA tamén se desenvolven accións de formación que permiten ás persoas autónomas adquirir coñecementos de especial interese en materia para posibilitar a efectiva integración da actividade preventiva no seu día a día, dando cumprimento ás esixencias legais e normativas de aplicación.
Se tes interese en realizar formación en prevención de riscos laborais, consulta aquí o catálogo completo da oferta formativa do ISSGA. Desde este enlace, accedendo ao curso do teu interese poderás solicitar a túa inscrición no mesmo, dentro do mes anterior ao seu inicio.
Súmate á prevención de riscos laborais
O ISGGA ten elaborado tamén un folleto informativo enfocado ao emprego autónomo no ámbito da prevención de riscos laborais, incidindo nos principais dereitos e obrigas, así como na información sobre a acción protectora da Seguridade Social nas continxencias profesionais. A continuación achegámosche o mesmo para a túa maior información.
Recursos adicionais
Además, o ISGGA pon toda outra serie de recursos adicionais aos anteriores e que poden ser igualmente de interese para as persoas traballadoras autónomas, tales como normativa, estudos e análises específicos ou guías técnicas.
A continuación presentámosche unha mostra dunha das últimas guías que esta a publicar regularmente.
En todo caso, consulta neste enlace a relación completa destes recursos e accede aos que resulten do teu interese.
Máis información
Por último, tamén dispós de información e material sobre prevención de riscos laborais destinado principalmente ás persoas traballadoras autónomas na sección de Emprego Autónomo no ISSGA no portal deste instituto.