O 5 de xuño abrese o prazo para a solicitude do Bono Autónomo 2018

Ven de publicarse o día 4 de xuño a Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR 341Q).

Nesta convocatoria, a axuda ten dúas liñas:

  • Liña 1: mellora da competitividade a través dos servizos determinados na orde (investigación de mercado, plan de mercadotecnia, plan estratéxico...)
  • Liña 2: mellora da competitividade a través dos investimentos previstos na orde (compra de maquinaria, compra de útiles e ferramentas, reforma do local, equipos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web ou creación de logotipo do negocio).

Poderán solicitalo as persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

O prazo de solicitude será dun mes a partires de día 5 de xuño.

Máis información neste enlace.

Acceda desde aquí ao texto completo da orde.