O Ministerio de Facenda conxela os módulos das persoas autónomas para o ano 2022

O Ministerio de Facenda ven de publicar a conxelación dos niveis e condicións vinculadas ao método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e ao réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) para o exercicio 2022.

Deste xeito, os coñecidos comunmente como "módulos", que é o sistema polo que tributan moitas persoas traballadoras autónomas se manteñen para o exercicio 2022 tanto en contía dos signos, índices ou módulos destas persoas contribuíntes, así como as instrucións e pautas de aplicación.

Segundo establece a orde, mantense ademais tamén a redución do 5% sobre o rendemento neto de módulos derivada dos acordos acadados na coñecida como Mesa do traballo autónomo. Polo que respecta ao IVE, a orde tamén mantén para o 2022 os módulos, así como as instrucións para a súa aplicación no réxime especial simplificado no ano inmediato anterior.


Publicación BOE