O Estado publica a Lei que regula o impulso dos plans de pensións de emprego
O Boletín Oficial do Estado ven de publicar a Lei 12/2022, de 30 de xuño, de regulación para o impulso dos plans de pensións de emprego, pola que se modifica o texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2002, de 29 de novembro
Esta lei lembra que a dispoñibilidade de aforro acumulado ao longo da vida laboral pode contribuír a mellorar as condicións de vida trala xubilación ao atender as necesidades de gasto dos individuos, polo que fomentar o aforro ahorro mediante o desenvolvemento de esquemas de previsión social para a vellez constitúe un alicerce relevante para mellorar o benestar da cidadanía, en xeral, e das persoas traballadoras autónomas, en particular, ao chegar á xubilación.
Nesa liña, esta lei se centra na necesidade de introducir reformas para potenciar a previsión social decarácter empresarial no sistema privado de pensións se explica fundamentalmente por razóns de eficacia en relación cos obxectivos que se pretenden e pola estrutura do mercado de plans de pensións, cun menor desenvolvemento dos plans de pensións de emprego respecto dos plans do sistema individual.
Busca por tanto, reverter a tendencia da perda de peso deste tipo de fondos de pensions, e fomentar a potenciación da previsión social complementaria de corte profesional a partires do desenvolvemento dos plans de pensións de emprego, cun forte anclaxe na negociación colectiva sectorial, facilitando así o acceso a colectivos que, ata o de agora, atopaban dificultades para acceder aos mesmos.
Ademais, esta lei pretende favorecer a existencia de fondos de pensións de emprego de promoción pública con dimensión adecuada para garantir os menores custos de xestión, permitir unha distribución de investimentos diversificada e, con elo, mellorar os niveis de rendibilidade, situándoos en liña cos doutras institucións de investimento colectivo.
As medidas específicas da reforma incluirán:
1. Crear un fondo de pensións de emprego de promoción pública, xestionado polo sector privado, ao que poidan adscribirse plans de pensións do sistema de emprego de achega definida para a xubilación.
2. Estender a poboación cuberta por plans de pensións do sistema de emprego de achega definida para xubilación con financiamento mixto de empresa e persoas traballadoras, a través da negociación colectiva de dimensión preferentemente sectorial para o que se han de establecer mecanismos e incentivos que fagan efectiva esta extensión co fin de alcanzar a universalidade destes plans de pensións de emprego para todas as persoas traballadoras
3. Simplificar os trámites na adscrición e xestión dos plans de pensións usando especialmente a dixitalización para que as operacións de alta da empresa e do partícipe, achega, información de rendibilidade e movementos, petición de prestacións e cobranza sexan on-line, tendo en conta non deixar fóra a ningún usuario pola fenda dixital.
4. Deseñar mecanismos que favorezan a mobilidade das persoas traballadoras entre as diferentes empresas e sectores.
5. Deseñar un novo incentivo fiscal dirixido a impulsar este tipo de instrumentos colectivos, que beneficie especialmente o aforro das rendas medias e baixas e incorpore aos mozos de maneira máis eficaz.
6 E limitar os custos de xestión dos plans de emprego.