Publicada a Orde pola que se regula o exercicio de dereito ao voto, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións ao Parlamento Europeo
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Orde do 23 de maio de 2024 pola que se regula o exercicio de dereito ao voto, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións ao Parlamento Europeo convocadas para o día 9 de xuño de 2024 polo Real decreto 363/2024, do 9 de abril, polo que se convocan eleccións de deputados e deputadas ao Parlamento Europeo, establecendo as normas que serán de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia o día das eleccións, o domingo 9 de xuño de 2024, ás persoas traballadoras por conta allea que teñan a condición de electoras e non gocen, durante ese día, do descanso semanal previsto no artigo 37.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e a aquelas persoas en quen concorra a condición de membros de mesas electorais, interventores e interventoras ou apoderados e apoderadas.
Nese sentido, a Orde regula os permisos para as persoas traballadoras por conta allea electoras, o permiso para votar por correo, para as persoas integrantes das mesas electorais e para aquelas persoas traballadoras coa condición de apoderadas, para que poidan exercer os seus dereitos asociados ás ditas eleccións e para que as persoas empresarias faciliten ás persoas traballadoras que exerzan, con plena normalidade, os dereitos regulados na Orde.