Ciclo de vida: a remuda
Remuda no emprego autónomo

Na actualidade, máis do 30% da poboación traballadora autónoma de Galicia sitúase por riba dos 55 anos, o que incide na necesidade de poñer en marcha un programa de remuda no emprego autónomo que permita aproveitar os esforzos realizados durante a etapa de consolidación da actividade por parte da persoa que se vai xubilar, ao tempo que se xeran oportunidades para novas persoas autónomas con maiores garantías.
Obxectivo
O programa de remuda xeracional no emprego autónomo ten como obxectivo achegar unha batería de recursos de valor da Xunta de Galicia ás persoas autónomas que se xubilen e ás persoas mozas que as releven, composto por un conxunto de ferramentas de apoio (económicas, técnicas e persoais) que fagan máis doado e sinxelo todo o proceso.
A persoa que se xubila
Desde a perspectiva da persoa autónoma consolidada que se xubila, as principais avantaxes de participar no programa son as seguintes:
- Finaliza a súa vida laboral vendo a continuidade do seu negocio.
- Mantén atendida á súa clientela co nivel de calidade que desexa.
- Transmite os seus coñecementos a súa e experiencia á fronte do negocio á persoa que a vai relevar.
- Pode recuperar parte do valor do investimento realizado no seu negocio.
- Contribúe á estabilidade do emprego actual.
- Facilita a súa transición cara á xubilación.
- Asegura que a transmisión do negocio se realiza de xeito axeitado.
A persoa que releva
Desde a perspectiva da persoa que releva, as principais avantaxes de participar no programa son as seguintes:
- Reduce riscos e incerteza sobre a viabilidade e o éxito da actividade, apoiándose nun negocio consolidado que dá maiores garantías.
- Conta de inicio cunha carteira de clientes establecida, sendo máis doado o seu desenvolvemento.
- Dispón dunha visión adicional de apoio da persoa antecesora para iniciarse e para poder evolucionar o negocio cara as necesidades da clientela.
- Accede a servizos especializados que lle permiten unha maior proxección do negocio, con base nos estudos de mercado, nas técnicas e nas tendenzas máis actuais.