Creatividade
ichik·studio
Estudo creativo independente / Ferrol · Galicia
ichik·studio
Cremos e creamos
soños.
Deseño. Creatividade. Tecnoloxía.
01 / O estudo
As ideas toman forma.
En ichik·studio cremos no poder das ideas e na capacidade do deseño para transformar a realidade. Somos un estudo creativo independente con base en Ferrol, especializado na creación de marcas, no deseño gráfico, na comunicación visual e no desenvolvemento de solucións dixitais.
Con dúas décadas de experiencia profesional no ámbito da comunicación visual, combinamos estratexia, creatividade, deseño e tecnoloxía para axudar a persoas emprendedoras, empresas e organizacións a converter as súas ideas en realidade.
Non buscamos simplemente facer algo bonito. Buscamos comprender, crear, comunicar e resolver.
02 / Servizos
O que facemos.
Catro liñas de traballo. Unha mesma maneira de entender a comunicación.
01 / Liña de traballo
Branding e identidade de marca
Creamos marcas con personalidade propia.
Unha marca é moito máis ca un logotipo. É a maneira en que un negocio se presenta, comunica, se diferencia e conecta coas persoas.
02 / Liña de traballo
Deseño gráfico e comunicación visual
Deseñamos para comunicar, non só para decorar.
Transformamos ideas, información e mensaxes en sistemas visuais coherentes, atractivos e funcionais.
03 / Liña de traballo
Deseño e desenvolvemento web
Conectamos marcas e persoas a través da tecnoloxía.
Creamos experiencias dixitais que combinan identidade visual, funcionalidade e usabilidade, adaptadas ás necesidades de cada negocio.
04 / Liña de traballo
Creatividade e asesoramento
A creatividade é unha ferramenta para resolver problemas.
Acompañamos a nosa clientela na procura de novas perspectivas e solucións para os seus retos de comunicación.
03 / Para quen
Deseño para quen emprende.
Cremos que o deseño de calidade non debe ser un privilexio das grandes empresas. Queremos axudar a quen emprende, crea, innova e contribúe a transformar a súa contorna.
Desde Ferrol traballamos con proxectos locais e con clientes do resto de Galicia, de España e doutros países.
04 / Proceso
Escoitar, comprender,
idear e construír.
Cada proxecto é diferente. Desenvolvemos solucións personalizadas, adaptadas aos obxectivos, ás necesidades e aos recursos de cada cliente. Apostamos por unha relación próxima, colaborativa e transparente.
01
Escoita
Comprendemos o proxecto e os seus obxectivos.
02
Diagnóstico
Identificamos necesidades e oportunidades.
03
Dirección
Definimos a estratexia e o concepto.
04
Deseño
Damos forma ás ideas e ao sistema visual.
05
Construción
Desenvolvemos e implementamos as solucións.
06
Entrega
Entregamos materiais e documentación para seguir medrando.
Ofrecemos servizos puntuais, colaboracións continuadas e solucións modulares que permiten desenvolver os proxectos por fases.
05 / A nosa filosofía
Por que ichik?
O nome ichik ten a súa orixe na cultura maya e fai referencia ao soño, non como o acto de durmir, senón como ese anhelo, esa aspiración ou ese futuro que desexamos construír.
De aí nace a nosa filosofía: ser partícipes creativos dos soños das persoas que confían en nós.
Ti emprendes.
Nós axudámosche a comunicar.
06 / Contacto
Construamos algo xuntos.
Tes unha idea? Estás a emprender? Queres renovar a identidade do teu negocio ou desenvolver a túa presenza dixital? Ou simplemente buscas alguén con quen compartir e desenvolver novas ideas?
Falemos do teu proxecto.
ichik·studio
Ferrol · Galicia
[email protected]