optimización web
Julián Bravo
Axudo a emprendedores e a empresas a ter unha web profesional para acadar os seus obxectivos dixitais e de vendas. Unha web profesional, responsive e autoxestionable, para que ti mesmo poidas administrala despois da formación que che darei.
Unha web personalizada para ti, con un sin fin de extensións, sinxela de usar. Todo esto, feito con Wordpress, o maior xestor de contido do mundo.
Ti tamén terás unha conta de administrador para que poidas realizar as actualizacións que creas convintes na túa páxina web. Aínda que se prefires esquecerte deso, ofrézoche varios packs para o mantemento web e que a túa única preocupación sexa centrarte no teu negocio.
Se non sabes por onde comezar, eu axúdoche, guíote... Comezamos?
Datos de contacto
Presenza na rede
Anxo Sánchez
Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a ter unha web profesional que voe, teña visibilidade e consiga clientes a través de internet.
Sei que os inicios de todo proxecto son duros, eu mesmo o sentín non hai moito, por iso se es un emprendedor que está comezando ou simplemente queres anovar o teu escaparate dixital, podes contar comigo.
Unha web é a ferramenta ideal para trasladar ao mundo o que mellor sabes facer.
Deseñareina para que a poidas xestionar de xeito sinxelo. Optimizareina para que sexa intuitiva e do gusto de Google. Engadirei velocidade e seguridade para que a túa máxima preocupación sexa o teu negocio, fiques contento e durmas tranquilo cun investimento ben feito.
Unha proposta personalizada unicamente para ti, escalable, con infinidade de extensións, sinxela no seu uso e cunha curva de aprendizaxe pequena. Todo isto nunha base de WordPress, o maior xestor de contidos do mundo.
Goza de personalización e escalabilidade para que o teu proxecto medre. Todo iso coa satisfacción de poder implicarte no seu desenvolvemento grazas aos titoriais e o soporte que inclúen os meus proxectos web.
Sen enganos.
Datos de contacto
Presenza na rede
MaisMedia
Centrámonos nunha gama de servizos que abarcan a estratexia de marketing online con desenvolvemento creativo e análisis táctico.
Un enfoque integrado que optimiza o que funciona e o que non.
Axudamos ás empresas a ser máis competitivas e productivas
Para que medres con fundamento e solidez.