ichik·studio

ichik·studio — Escaparate virtual

Estudo creativo independente / Ferrol · Galicia

ichik·studio

Cremos e creamos
soños.

Deseño. Creatividade. Tecnoloxía.

01 / O estudo

As ideas toman forma.

En ichik·studio cremos no poder das ideas e na capacidade do deseño para transformar a realidade. Somos un estudo creativo independente con base en Ferrol, especializado na creación de marcas, no deseño gráfico, na comunicación visual e no desenvolvemento de solucións dixitais.

Con dúas décadas de experiencia profesional no ámbito da comunicación visual, combinamos estratexia, creatividade, deseño e tecnoloxía para axudar a persoas emprendedoras, empresas e organizacións a converter as súas ideas en realidade.

Non buscamos simplemente facer algo bonito. Buscamos comprender, crear, comunicar e resolver.

02 / Servizos

O que facemos.

Catro liñas de traballo. Unha mesma maneira de entender a comunicación.

01 / Liña de traballo

Branding e identidade de marca

Creamos marcas con personalidade propia.

Unha marca é moito máis ca un logotipo. É a maneira en que un negocio se presenta, comunica, se diferencia e conecta coas persoas.

Estratexia e posicionamentoNamingLogotiposIdentidade visual e corporativaPersonalidade e ton de vozManuais de identidadeRebrandingPackagingMerchandising

02 / Liña de traballo

Deseño gráfico e comunicación visual

Deseñamos para comunicar, non só para decorar.

Transformamos ideas, información e mensaxes en sistemas visuais coherentes, atractivos e funcionais.

Deseño editorial e maquetaciónCatálogos e folletosCartelaría e publicidadeIdentidades para eventosCampañasIlustración e infografíasSinalética e rotulaciónMateriais impresos e dixitaisContidos para redes sociais

03 / Liña de traballo

Deseño e desenvolvemento web

Conectamos marcas e persoas a través da tecnoloxía.

Creamos experiencias dixitais que combinan identidade visual, funcionalidade e usabilidade, adaptadas ás necesidades de cada negocio.

Webs corporativasWordPressComercio electrónicoLanding pagesDeseño UI/UXAplicacións webSolucións personalizadasMantemento e actualizacións

04 / Liña de traballo

Creatividade e asesoramento

A creatividade é unha ferramenta para resolver problemas.

Acompañamos a nosa clientela na procura de novas perspectivas e solucións para os seus retos de comunicación.

Consultoría creativaAsesoramento en comunicación visualDirección creativa e de arteConceptualización de campañasEstratexia de comunicaciónCreación de contidosObradoiros de creatividade

03 / Para quen

Deseño para quen emprende.

Cremos que o deseño de calidade non debe ser un privilexio das grandes empresas. Queremos axudar a quen emprende, crea, innova e contribúe a transformar a súa contorna.

Profesionais autónomosPersoas emprendedorasPequenas e medianas empresasComercios e negocios locaisProxectos culturais e artísticosAsociacións e organizacións sociaisTerceiro sectorAxencias de publicidade e comunicaciónEstudos e profesionais creativos

Desde Ferrol traballamos con proxectos locais e con clientes do resto de Galicia, de España e doutros países.

04 / Proceso

Escoitar, comprender,
idear e construír.

Cada proxecto é diferente. Desenvolvemos solucións personalizadas, adaptadas aos obxectivos, ás necesidades e aos recursos de cada cliente. Apostamos por unha relación próxima, colaborativa e transparente.

01

Escoita

Comprendemos o proxecto e os seus obxectivos.

02

Diagnóstico

Identificamos necesidades e oportunidades.

03

Dirección

Definimos a estratexia e o concepto.

04

Deseño

Damos forma ás ideas e ao sistema visual.

05

Construción

Desenvolvemos e implementamos as solucións.

06

Entrega

Entregamos materiais e documentación para seguir medrando.

Ofrecemos servizos puntuais, colaboracións continuadas e solucións modulares que permiten desenvolver os proxectos por fases.

05 / A nosa filosofía

Por que ichik?

O nome ichik ten a súa orixe na cultura maya e fai referencia ao soño, non como o acto de durmir, senón como ese anhelo, esa aspiración ou ese futuro que desexamos construír.

De aí nace a nosa filosofía: ser partícipes creativos dos soños das persoas que confían en nós.

Ti emprendes.
Nós axudámosche a comunicar.

06 / Contacto

Construamos algo xuntos.

Tes unha idea? Estás a emprender? Queres renovar a identidade do teu negocio ou desenvolver a túa presenza dixital? Ou simplemente buscas alguén con quen compartir e desenvolver novas ideas?

Falemos do teu proxecto.

ichik·studio
Ferrol · Galicia
[email protected]


PDCG

PDCG Solutions é unha empresa galega especializada no desenvolvemento de páxinas web profesionais, aplicacións móbiles híbridas (iOS e Android) e consultoría tecnolóxica. Ofrecemos solucións dixitais a medida para autónomos, pequenas e medianas empresas, startups e grandes corporacións, adaptándonos sempre ás necesidades específicas de cada cliente.

Os nosos servizos inclúen: - Desenvolvemento web (desde páxinas básicas ata aplicacións web complexas) - Aplicacións móbiles híbridas con Ionic e Angular ou React Native (iOS e Android) - Deseño UI/UX e prototipado con Figma - Desenvolvemento backend e bases de datos - Despregamento en cloud (Google Cloud Platform) - Desenvolvemento WordPress e e-commerce - Consultoría tecnolóxica e transformación dixital.

Traballamos con tecnoloxías modernas como Angular, TypeScript, Ionic, Firebase, MySQL, Neo4j e Google Cloud, garantindo aplicacións de alto rendemento, seguras e escalables. Con máis de 5 anos de experiencia e máis de 50 proxectos completados, contamos con clientes en Galicia, España, Dinamarca e Suecia. Contacta connosco en [email protected] ou no +34 684 728 769.


Datos de contacto


Presenza na rede


Saúl Vérez Fernández

Con máis dunha década de experiencia no mundo dixital, especialiceime en SEO, marketing dixital e innovación e deseño web cun enfoque particular na aplicación da Intelixencia Artificial para potenciar negocios online. A miña traxectoria distínguese por un profundo compromiso co aprendizaxe continuo e a adaptación de novas tecnoloxías, o que me levou a emprender unha formación avanzada en IA e innovación. Este paso non só reflicte a miña sede de coñecemento, senón tamén a miña determinación para estar á vangarda das tendencias dixitais.

As miñas aptitudes abranguen desde unha sólida comprensión técnica do SEO ata unha capacidade única para traducir estratexias dixitais complexas en resultados tanxibles para os meus clientes e o meu propio negocio online. A innovación, o pensamento analítico e unha habilidade innata para identificar e capitalizar oportunidades no cambiante panorama dixital son piares do meu perfil profesional.

Entre os meus retos futuros atópase o desexo de compartir o meu coñecemento a través da formación en SEO e IA, axudando a outros profesionais e empresas a navegar e prosperar no entorno dixital. Este curso representa unha peza clave na miña ambición de fusionar a intelixencia artificial con estratexias de SEO avanzadas, asegurando que tanto eu como os meus clientes estemos sempre un paso por diante.

En resumo, o meu perfil profesional é o dun innovador incansable, un experto en SEO e marketing dixital que busca constantemente novas formas de aplicar a IA en estratexias dixitais, co fin último de ensinar a outros e xerar un impacto positivo no sector.


Pablo Villaverde Estudio de Diseño Gráfico

Somos un estudio de diseño fundado en Vigo en el año 2010. Desde entonces hemos trabajado en diferentes campos y sectores especializándonos en todos los ámbitos del diseño, la creatividad y la comunicación e identidad corporativa, diseño editorial, packaging, ilustración y desarrollo de webs. Nuestra trayectoria se ha consolidado con la inclusión del Marketing y la Publicidad como herramientas para ofrecer un diseño global, a la vez creativo y comprometido con la innovación y las necesidades del cliente.

Creatividad y Branding

Diseño Gráfico | Diseño Editorial | Maquetación | Identidad Corporativa | Desarrollo de marcas | Diseño de logotipos | Naming | Copywriting | Impresión | Retoque fotográfico | Packaging

Desarrollo Web Diseño

Web Institucional | Programación Web | Web Móvil/Responsive | Expertos en WordPress | Ecommerce Prestashop WooCommerce

Marketing Online

Optimización | Email Marketing | Usabilidad Web | Posicionamiento SEO & SEM | Gestión de Redes Sociales

Ilustración

Ilustración técnica vectorial | Infografías | Ilustración artística y editorial