O emprego autónomo non está incorporado dentro dos acordos da Fundación Estatal para a Formación no Emprego, polo que non é posible bonificar accións de formación. Non obstante, a Xunta de Galicia desenvolve anualmente un plan de formación específico para que as persoas traballadoras autónomas poidan mellorar a súas competencias, ao tempo que tamén permite a súa participación en determinadas accións dirixidas a persoas traballadoras ocupadas.

O bono autónomo é unha axuda posta en marcha pola Xunta de Galicia para apoiar a consolidación da actividade das persoas que desenvolven a súa actividade neste réxime e estean por debaixo dun determinado nivel de facturación, dando acceso a múltiples servizos para a mellora competitiva do teu negocio ou actividade.

Por suposto. Os plans de negocio non só son para as empresas, sendo moi recomendable que desenvolvas un antes de poñer en marcha a túa actividade, para reflexionar pausadamente sobre como levar a cabo o teu proxecto coas máximas garantías.

Por suposto.

A única consideración é que a baixa terá efecto desde o mesmo día en que te deas de baixa tan só as primeiras 3 baixas do ano (pasado este límite, terá efecto a partires do último día do mes no que a solicites, polo que a cota do dito mes terás que abonala completa).

Ademais dos contidos informativos que podes consultar nestes momentos, a Oficina do Autónomo está a desenvolver unha zona privada desde a que poderás:

Contacta

Benvido/a á Oficina Virtual do Emprego Autónomo, en que podemos axudarche?

A Oficina Virtual do Autónomo se promove como canle de consulta e comunicación informal de utilidade para todas as persoas traballadoras autónomas de Galicia no seu día a día, tal e como recolle o artigo 38 da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia.

Páxinas